Foi profesor de Filosofía no seminario mindoniense.
Compuxo obras en latín, castelán e fundamentalmente en galego, o que o distinguiu dos outros poetas neoclásicos do seu tempo. A temática principal da súa poesía é a relixiosa de tipo popular. Unha das súas obras máis importantes en galego é A Noite Boa e en castelán Oda en elogio de Don Andrés Gacio.