Realizou estudos de Farmacia (cursos 53-54 e 55-56) e Arquitectura na Facultade de Ciencias Exactas e Escola Técnica Superior de Arquitectos de Madrid, conseguindo o título de arquitecto en 1966 e o de doutor arquitecto en 1969. En setembro de 1968 aprobou oposicións de arquitecto ó servizo da Facenda Pública. Ademais, realizou un máster inmobiliario da Asociación Española de Consultores Inmobiliarios, un máster en ‘Business Administration’, un curso sobre Planeamento, Xestión Urbanística e Réximen Xurídico do Solo cunha bolsa da Fundación Caixa Galicia, seminarios (‘La financiación del sector inmobiliario’, ‘Informática para directivos’ e ‘La rehabilitación de edificios, una alternativa para el sector del Grupo Especial Directivos’) e un curso de informática para usuarios da Xunta de Galicia, organizado pola Dirección Xeral da Función Pública en Sada (A Coruña). Está colexiado no Colexio Oficial de León, Asturias e Galicia (actualmente C.O.A.G., nº de colegiado 83) e no Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (nº de colexiado 1935).
Ademais de exercer varios cargos como funcionario, foi conselleiro provincial de Belas Artes en Lugo (1971-1982), correspondente da Real Academia de Doutores (sección de Arquitectura), membro do Consello de Cultura da Excma. Deputación Provincial de Lugo nas Comisións de Arquitectura, Museo e Música desde o 5 de abril de 1984 e vogal desde o 17 de abril de 1989 e presidente da Asociación Amigos do Mosteiro de Samos.
Foi responsable de múltiples estudos e proxectos de restauracións e rehabilitacións de edificios e vivendas en conxuntos históricos, casas consistoriais e vivendas de protección oficial. Participou como relator en numerosas conferencias, seminarios e congresos relacionados coa arquitectura.
EXPOSICIÓNS:
-Decembro 1975: expuxo dous proxectos (Restauración da Igrexa Santa Eulalia de Bóveda – Lugo e Restauración da Muralla Romana de Lugo) no Pazo de Cristal do Retiro de Madrid. A exposición foi organizada pola Comisaría Nacional do Patrimonio Artístico, con motivo do ‘Ano Europeo do Patrimonio Arquitectónico’ e os proxectos están publicados no libro ‘Patrimonio Monumental de España’.
-Outubro 1992: é invitado a presentar e participar na exposición de obras da Universidade de Santiago, na que presenta os proxectos da Facultade de Veterinaria e a Facultade de Agrónomos.
-Marzo 1992: expuso no Pazo da Deputación Provincial o proxecto do Edificio Dirección Comarcal e O.P. Caixa Galicia na Praza de España (Lugo).
Antonio González Trigo ten colaborado tamén en varias publicacións. Tomo I: ‘La Arquitectura Románica en Lugo’ (Proxecto Restauración Igrexa S. Juan da Coba), Tomo I: ‘La Arquitectura Cisterciense en Galicia’ (Proxecto Restauración Igrexa de Meira), nas revistas ‘Gente de Mundo’, decembro 1991 e ‘Lucus’ nº 40, abril de 1991 (Proxecto da Facultade de Veterinaria de Lugo) e en ‘Arquitecturas Recentes’ (Universidade de Santiago) 1990-1994 (Escola Politécnica Superior de Lugo e Facultade de Veterinaria de Lugo).
Así mesmo, ten participado en charlas radiofónicas e de TV e artigos de prensa sobre temas relacionados coa conservación dos conxuntos históricos e monumentos.