Criouse desde os 4 anos na Coruña onde desenvolveu os seus estudos e primeiros traballos como comercial en Leyma, Central Lechera Asturiana, Queixos O Apóstol, Cárnicos Famila e Editorial Galaxia antes de ser concelleiro do BNG en Oleiros desde o 1993 a 2004, onde foi tenente de alcalde e concelleiro de xuventude, deportes, turismo e normalización lingüística.
No goberno bipartito da Xunta (PSOE-BNG) foi asesor do Vicepresidente Anxo Quintana no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, encargado de desenvolver por Galicia a rede de Centros de Día, Galescolas, e outros equipamentos do Servizo Galego de Igualdade e Benestar onde conseguiu nun ano a cesión de cen terreos para eses equipamentos en tempo record.
Actualmente é administrador de varias empresas e dirixe a novidosa produtora Dallequelibras S.L., especializada en promocións de eventos e empresa de referencia en iluminacións monumentais e instalacións led.
Con este proxecto ten iluminado edificios emblemáticos en Galiza como a Domus da Coruña, espectáculo artístico en Pachá Ibiza, o faro de Fisterra, o castelo de Moeche, os fornos da Pontenova, o novo concello de Lalín, a ponte peonil de Xuvia, a casa habanera de Lanzós no seu centenario, a fervenza do río Belelle, o castelo de Santa Cruz de Oleiros, espectáculo lumínico musical no Equinocio, pasarelas de moda,ou a primeira ponte iluminada só con led no estado en Ponte Maceira (Ames), Ponte romana de Ourense ou unha escultura xigante do artista Pepe Galán para o museo Luís Seoane entre outros traballos artísticos.
Socio tamén dunha empresa de enerxías limpas Acción Positiva SL dedicada a proxectos relacionados coa imantación de novas tecnoloxías respetuosas co medio ambiente e o aforro enerxético.
Colaborador con artigos de opinión política e cultural en Galicia Digital, Galicia Confidencial, escribe artigos referidos á Terra Chá nos medios dixitais Terra Chá Xa!, A Voz De Vilalba, o suplemento A Chaira de El Progreso e no Sermos Galiza entre outros.
Ten publicado tamén poemas en diferentes publicacións colectivas.
Activista en numerosos proxectos artísticos e culturais, promoveu iniciativas como A Festa de Breogán de promoción de produtos galegos, e promoción de grupos musicais e novos valores da música e o audiovisual.
Presidente da Asociación Sociocultural Os Vilares lareira de soños de Guitiriz e co fundador do grupo NPG Nova Poesía Guitirica, que desenvolven unha intensa labor cultural na parroquia do poeta Xosé María Díaz Castro e na Terra Chá.