Naceu en Vilapoupre, Antas de Ulla o 19 abril de 1953.
En 1964 ingresa no Seminario Diocesano de Lugo e fixo o título de bacharel en 1970.
Entre os anos 1970-76, fai estudos de filosofía e Teoloxía no Seminario.
Ordéase de crego o 8 de agosto de 1976 en Vilapoupre.
Fixo socioloxía con licenciatura na Universidade Complutense entre 1976-81. A D.E.I. na Universidade de Comillas en 1983 e o C.A.P o remátao en 1985.
Director de Actividades de Tempo Libre e Campamentos na Escola Diocesana de tempo libre en Ferrol.
Estivo de cura en Madrid de 1976 ata 1985. En 1986 foi destinado á comarca de Monforte onde está dende entón.
En 1988 comeza a dar Socioloxía no Instituto Teolóxico Lucense e uns anos despois Análise Económica e Política.
Delegado Episcopal en Cáritas desde abril de 2006 ata setembro de 2024.