Ángel Serafín Porto Ucha


Categoría: Mestre e escritor
Data de Nacemento: 1 de abril de 1945
Lugar de Nacemento: Guláns - Ponteareas (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

-Mestre de Primeira Ensinanza. -Licenciado en Filosofía e Letras . -Doutor en Filosofía e Ciencias da Educació.n -Exerceu como mestre e desempeñou cargos de Secretario, Director e Coordinador de Departamento de Orientación. -Accedeu máis tarde ó SOEV, primeiro en Santiago de Compostela, e logo en Pontevedra, no Equipo Psicopedagóxico de Apoio. -Realizou a Tese de Doutoramento sobre as relacións de Galicia coa Institución Libre de Ensinanza. -Desde 1985 simultanea como Profesor-Titor no Centro Rexional da UNED en Pontevedra. -En 1988 accedeu á praza de Profesor Titular de Escola Universitaria na Universidade de Santiago. -En 1995 obtivo a condición de Catedrático de Escola Universitaria. -Imparte materias de Organización do Centro Escolar e Prácticas Escolares. -Leva desenvolvido distintos Seminarios de Doutoramento: "A ILE e a Renovación Pedagóxica en Galicia", "Evolución histórica da Institución Escolar", "Sistemas de Apoio ós Centros Escolares", "Evolución histórica da Avaliación dos Estudiantes" e "Análise de Documentos Históricos". No seu Grupo de Investigación (030-5) destacan as seguintes liñas: "As Construccións Escolares en Galicia", "Historia da Escola en Galicia", "A ILE e a Renovación Pedagóxica en Galicia", "EPS". Na actualidade investiga sobre o desenvolvemento histórico das Escolas Normais en Galicia.

 Obras realizadas

Ten publicado: -La institución Libre de Enseñanza en Galicia (1986). -A Escola Normal de Pontevedra (1845-1940). -O contexto curricular e social na formación do profesorado (1994) e outros traballos sobre a historia da educación en Galicia en actas de congresos, libros colectivos, revistas especializadas e xornais, xunto a temas de Didáctica e Organización Escolar relacionados coa súa especialidade profesional . Consta como investigador principal e director no Proxecto La Institución Libre de enseñanza y Cossío, precursores de la Escuela Nueva. Vénse ocupando da dirección de varias teses de doutoramento, dúas xa defendidas: "La Educación para la Salud: Marco teórico y análisis de la situación en el medio rural gallego en Educación Primaria" en colaboración, "Xogo popular galego e educación: Vixencia educativa e función de identificación cultural dos xogos e enredos tradicionais". Con Aurora Marco ultimou un estudio: A Escola Normal de Santiago de Compostela. É membro da Sociedade Española de Historia da Educación, da Societat d'Historia de l'Educació dels Països de Llengua Catalana, Nova Escola Galega, Museo do Pobo Galego, entre outros

 Outros datos de interese

Pertence ó Consello de Redacción e ó Consello Asesor de Innovación Educativa (director Carlos Rosales) e ó Consello Editor de Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación (director Herminio Barreiro).