Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza


Categoría: Aparellador e arqueólogo
Data de Nacemento: 3 de marzo de 1915 (†3 de febreiro de 1959)
Lugar de Nacemento: Poio - Pontevedra
 Currículum

Xa na súa xuventude mostrou a súa vocación arqueolóxica cando acompañaba ó seu pai Ramón Sobrino Buhígas estudiando e catalogando os petroglifos galegos. Como aparellador do Concello de Santiago dirixiu a restauración da fachada da catedral pola praza das Platerías e da fachada de San Martín Pinario. Uns meses antes da súa morte, a Fundación March concedéralle unha beca para perfecciona-los seus estudios en Gran Bretaña.

 Obras realizadas

Estas son algunhas das súas publicacións máis importantes: Un petroglifo en Mallos, Concello de Teo (A Coruña) (1947), El petroglifo del monte dos Vilares, Ponte Cesures (Pontevedra) (1948), Acerca de los signos del petroglifo de "Eira dos Mouros" (1948), Material lítico pulimentado de Lens (1950), Mámoas de Montecelo (1951), Petroglifos e laberintos (1951), Origen de los petroglifos gallego-atlánticos (1952), El petroglifo de Oca en Ames (A Coruña) (1953), Megalitos del Monte Corzán (1953), Petroglifos prehistóricos europeos (1954), Datos para el estudio de los petroglifos de tipo atlántico (1955), Visión y observaciones sobre historia primitiva en Galicia (1955), Bosquejo para un estudio de los petroglifos portugueses (1956), Prospecciones arqueológicas en Morrazo (1956), Petroglifos de la comarca de Lalín I (1957), Petroglifos de la comarca de Lalín II (1958), etc.

 Outros datos de interese

Ademais de traballar como profesor de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, Ramón Sobrino foi comisario local de escavacións arqueolóxicas, secretario do Seminario Galego de Historia Primitiva da Universidade de Santiago, membro da Real Academia Galega e da Associaçao dos Arqueólogos Portogueses. Tamén prestou as súas colaboracións ó Instituto Padre Sarmiento.