Ana María Barral Rodríguez naceu en xullo de 1966 na aldea do Portovello, concello de Guitiriz.
Sempre se sentiu interesada pola literatura e, sinaladamente, pola poesía, xénero que cultivou dende pequena.
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na USC no 1989 e exerce como profesora de Lingua galega e literatura dende hai trinta anos, actualmente no IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.
En outubro de 2020 publicou o seu primeiro poemario, Versos do desasosego, na colección Letra inversa, da editorial Toxosoutos.
Tamén apareceron algúns poemas soltos seus na revista cultural betanceira, A Xanela.