Ana Mª Legido Soto


Pseudónimo:Ana Legido
Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 21 de marzo de 1939
Lugar de Nacemento: Ourense

   Cultura
 Currículum

Desde moi nova, a súa inquedanza pola pintura levouna a relacionarse en Ourense con xente do mundo da pintura. Estudiou Debuxo na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal ó mesmo tempo que se titulou en Maxisterio, exercendo máis tarde en Vigo nun colexio estatal de profesora da Área Plástica. Ó dedicarse exclusivamente á pintura, participou en exposicións individuais e colectivas, patrocinadas polo Ministerio de Cultura, Comunidade de Madrid, Concello de Madrid, Galería "Ramón Durán" (Madrid), Centro Naif (Madrid), Ministerio de Cultura da Vila de París, "Caja Madrid", "Iber-Caja" (Zaragoza), "Corte Inglés" (Madrid), Caixa Vigo-Ourense (Vigo), Fundación Araguaney (Santiago), Ministerio de Cultura de Italia, Portugal, etc.

 Obras realizadas

Fixo exposicións individuais en Madrid, Vigo, Pontevedra, Ourense, Santiago, A Coruña, Lugo, Tui, etc. Exposicións colectivas: Salamanca, Bienal de Pontevedra, (Plástica Galega) Caixa Vigo, "Ramón Durán" (Madrid), Deputación de Jaén, Palma de Mallorca, Almagro (Ciudad Real), París (Museo Max Fourny), Italia (Luzzara), Portugal, Caja-Madrid, Iber-Caja (Zaragoza), Centro Cultural da Vila (Madrid), Teatro Albéniz (Madrid), Concello de Madrid, etc. Está casada co pintor e humorista Fernando Quesada e ten seis fillos (tres deles pintores e un músico).

 Outros datos de interese

A súa obra está representada nos seguintes museos: Quiñones de León (Vigo), Museo Internacional Artes Naives (Luzzara - Italia), Museo Internacional de Arte Primitivo Moderno (Guimarais - Portugal), Museo Max Fourny (París), Museo de Arte Naif (Jaén), Colección Caixa Vigo (Ourense). Bibliografía: Plástica Galega, L'Art Naif Espagnol, Arti Naivés, El Arte Naif Español, etc...