Amando de Ossorio Rodríguez


Categoría: Guionista e director de cine
Data de Nacemento: 6 de abril de 1918 (†En xaneiro de 2001)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Tras estudiar o bacharelato estudiou un ano de comercio e un ano de inglés e co apoio do xornalista Enrique Mariñas comezou a adaptar obras clásicas da literatura para Radio Nacional. En 1942 trasladouse a Madrid para estudiar Xornalismo. Posteriormente presentouse a unhas oposicións do Banco Español de Crédito e tras ser admitido regresou á Coruña xa que se inauguraba unha nova sucursal. Ademais do seu traballo no banco, Amando de Ossorio abriu un estudio de fotografía na Coruña, onde se organizaban faladoiros ós que asistían Mariano Tudela, Laxeiro, Urbano Lugrís e outras personalidades do mundo cultural da cidade. Ademais da súa colaboración en La Voz de Galicia, Amando seguiu co seu labor en Radio Nacional, realizando un programa chamado “La Provincia”. En 1949 marchou definitivamente a Madrid e alí seguiu colaborando en Radio Nacional de España, realizando guións e pequenas intervencións. Entre 1956 e 1960 traballou como realizador da recente Movierecord.

 Obras realizadas

En 1942 realizou dúas curtametraxes: “El misterio de la endemoniada” e “El último carnaval”. Dez anos máis tarde Pedro de Juan encargoulle un guión para a película “Último día” de Antonio Román e a partir de aí realizou tamén os guións de “Bajo el cielo de España” (1952), “Cabaret” (1952), “La ciudad de los sueños” (1954) e “El ejército blanco” (1959). Antes de entrar na Escola Oficial de Cine dirixiu a mediametraxe “Noche de embrujo” en 1950 e en 1956 realizou a súa primeira longametraxe titulada “Bandera Negra”. Posteriormente realizou un western de coproducción titulado “La tumba del pistolero” (1964) e “Malenka” (1968). Entre 1971 e 1976 desenvolveu unha gran actividade elaborando as seguintes películas: “La noche del terror ciego”, “El ataque de los muertos sin ojos”, “El buque maldito”, “La noche de las gaviotas”, “Las garras de Lorelei”, “La noche de los brujos” e “La endemoniada”.