Diplomado en Artes Aplicadas e especializado en logopedia, exerceu a docencia en distintos centros públicos de Galicia e Asturias.
Desde xaneiro de 2006 é director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, empresa pública dependente da Dirección Xeral de Turismo, integrada na Consellería de Innovación e Industria, e responsable da dinamización e promoción do Camiño de Santiago.
Foi concelleiro de Cultura e Educación no Concello de Lugo no período 1999-2003, en representación do BNG.