José Antonio Serantes Barbeito


Data de Nacemento: 7 de novembro de 1958
Lugar de Nacemento: Caracas (Venezuela)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Xefe do servizo de apoio técnico a municipios da Deputación da Coruña

 

Datos académicos

-1988. Enxeñeiro civil, especialidade en vías de comunicación (estradas), Universidade Santa María, Caracas (Venezuela). C.i.v.: 67.104

-1991. Convalidación do título de enxeñeiro civil ao de enxeñeiro de camiños, canles e portos na Universidade Politécnica de Madrid (España), E.T.S.I.C.C.P., co número de colexiado 11.925.

-1995. Funcionario da administración da Xunta de Galicia.

-1999-2000-2001. Dr. Enxeñeiro de camiños, canles e portos. Cursos de doutorado da Universidade da Coruña (3º ciclo) enxeñería civil, departamento de métodos matemáticos e de representación.

-2004. Diploma de directivo da Xunta de Galicia, EGAP.

-2008. Auditor de seguridade vial. Colexiado 214 a nivel europeo, curso de posgrao en auditorías. Universidade da Coruña.

-2009. Técnico de prevención de riscos laborais de nivel superior (nº de licenza: 24473/2010 da Xunta de Galicia).

1. Especialidade de seguridade no traballo.

2. Especialidade de hixiene industrial.

3. Especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

-2010. Mba en xestión de empresas públicas de construción.

-2013. Máster senior en contratación pública, nivel europeo. Bruxelas.

 

Cursos realizados

-1993. Curso de aplicación do programa AutoCAD v.10 en Academia Cofisad, A Coruña.

-1994. Curso de cálculo e deseño de estruturas polo método dos elementos finitos, E.T.S.I.C.C.P. A Coruña.

-1996. Participación no seminario de augas, residuos e efluentes, novas solución para novos problemas, Expornor (Portugal).

-1997. Curso de perfeccionamento da lingua galega.

-1997. Participación no IV Congreso de Medio Ambiente Arco Atlántico.

-1998. Participación no V Congreso de Medio Ambiente Arco Atlántico.

-1999. Xornadas técnicas da nova instrución de formigón estrutural, Universidade da Coruña.

-2000. Xornadas hispano-lusas sobre as augas subterráneas no noroeste da península ibérica. A Coruña.

-2001. Curso de contratación administrativa e procedementos orzamentarios e contables. IGE.

-2003. Curso problemática específica dos firmes en Galicia. EGAP.

-2004. Curso de ferramentas informáticas para a xestión de estradas. EGAP.

-2004. Xornada sobre a xestión de novos desenvolvementos urbanísticos. EGAP.

-2005. Curso de especialización 'execución de estruturas de formigón armado. Intemac

-2005. Curso de condución segura en circunstancias adversas. Xunta de Galicia.

-2006. Curso xeral de xestión orzamentaria. EGAP.

-2006. Curso das novas directivas comunitarias en materia de contratación pública e a súa incidencia na execución do contrato administrativo de obra. EGAP

-2007. Deseño e desenvolvemento de proxectos. EGAP

-2009. Desenvolvemento das cartas de servizos. EGAP

-2009. Folla de cálculo de Excel básico. EGAP

-2009. Powerpoint. EGAP

-2009. Folla de cálculo Excel avanzado.

-2010. Curso de xestión por indicadores e cadros de mando. EGAP.

-2010. Planificación territorial e sosteñibilidade. EGAP.

-2010. Lingua inglesa. EGAP.

-2011. Curso de linguaxe administrativa. EGAP.

-2012. Lingua inglesa intermedia. EGAP.

-2013. Procedemento administrativo. EGAP.

-2013. Negociación e traballo en equipo. EGAP.

-2013. Lei de contratos do sector público EGAP.

 Obras realizadas

Datos profesionais (España)

1989–1992: Consulting e enxeñería internacional, S.A. (CIISA), redacción de proxectos, control e dirección das obras públicas e privadas. Cargo: enxeñeiro consultor. Funcións: supervisión e redacción de proxectos en xeral, dirección de obras e relación cos organismos públicos e privados (fomento, Xunta de Galicia, entre outros).

1992–1993: Enxeñería do Atlántico S.A. (IDASA) empresa consultora, redacción de proxectos, control e dirección de obras públicas e privadas. Cargo: enxeñeiro consultor. Funcións: supervisión e redacción de proxectos en xeral, dirección de obras e relación cos organismos públicos e privados (Fomento, Xunta de Galicia, entre outros)

1993–1995: Abastecementos, edificios e obras marítimas S.A. (ABECONSA), empresa construtora, obras públicas e privadas.

Cargo: xefe do departamento de obra civil. Funcións: xefe de obras contratadas coa Xunta de Galicia, Fomento e demais entes públicos. Xestión do persoal, supervisión de proxectos para oferta e contratación das mesmas, relación institucionais coas administración públicas, xerencia de obras en UTE...

 

Obras con participación total e parcial:

Paseo marítimo de Fisterra (Ministerio de Fomento)

E.d.a.r. de Rianxo (Deputación Provincial da Coruña)

Dique en Santa Mariña (Camariñas) (Xunta de Galicia C.P.T.O.P.V.)

Pantaláns na gándara (xunta do Porto de Ferrol – San Ciprián)

Paseo marítimo en Esteiro (Muros) (Ministerio de Fomento).

Cable submarino para ENDESA no Porto de Ferrol (ENDESA).

 

1995-2013: Xunta de Galicia.

Na S. X. de Infraestruturas Hidráulicas e posteriormente Augas de Galicia:

Xefe do servizo de supervisión de proxectos do organismo autónomo Augas de Galicia (período: 1997-1999).

Director de obras hidráulicas 1995-2009

Responsable da redacción de proxectos, dirección das obras pola Xunta de Galicia en materia hidráulica, participación técnica na redacción dos plans de saneamento e abastecemento de Galicia, recuperación de ríos e deseño de paseos fluviais, representante da comisión da seca (2003-2004) e responsable da execución das obras de emerxencia nas inundacións do ano 2000 na Coruña, Padrón, Santiago e outras comarcas da provincia de Lugo. Funcións técnicas na contratación e análise das ofertas das obras licitadas por Augas de Galicia desde 1997 ata 2003.

Expedientes de referencia levados baixo a súa responsabilidade:

Abastecemento de auga na marxe dereita da ría de Arousa, desde Carcacía (toma no río Ulla) ata Ribeira, dotando de infraestruturas básicas aos concellos de Padrón, Dodro, Valga, Catoira, Pontecesures, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Plan de saneamento da ría do Burgo e concellos limítrofes, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros.

 

Director das obras e proxectos seguintes:

Saneamento de Foz e Barreiros

Saneamento de Viveiro

Saneamento de Cangas

Saneamento de Sanxenxo

Saneamento de Pontevedra, ampliación Edar de Placeres

Saneamento de Gondomar

Saneamento de Nigrán

Saneamento de Tomiño

Saneamento de Burela

Saneamento de Alfoz e Ferreira do Valadouro

Saneamento e abastecemento de Ortigueira

Edar de Parga e Guitiriz

Saneamento de Sada

Saneamento e abastecemento de Outes

Saneamento e abastecemento de Lalín

Saneamento de Rianxo

Saneamento de Neda

Saneamento da Pobra do Caramiñal

Saneamento de Pontedeume e Cabañas

Saneamento de Bergondo

Abastecemento de Pol e Samos, entre outros

Colectores principais de Ferrol

Novo abastecemento de Ortigueira

Abastecemento de Oza dos Ríos

Saneamento de Cee e Corcubión

Colectores principais e Edar de Carnota

Abastecemento de Boqueixón 1ª fase

Colectores principais e Edar de Monterroso

Abastecemento de Guitiriz. Melloras etapa.

Obras de emerxencia no abastecemento á comarca de Ferrol (accidente da ponte As Pías)

Obras de emerxencia canle de Padrón (inundacións ano 2000)

Abastecemento 2ª fase concello de Teo

Recuperación de ríos: Pontiñas, Arteixo, Dola, Miño e Cabe, entre outros.

Na antiga dirección xeral de obras públicas, ámbito de actuación en materia de estradas:

Xefe do servizo de supervisión de proxectos do centro directivo delegación territorial da Coruña da C.P.T.O.P.V. (2003 – 2005).

Xefe do servizo de conservación e explotación do centro directivo, dirección xeral de obras públicas da C.P.T.O.P.V. en Santiago de Compostela (2007-2008).

 

Director técnico das seguintes obras:

Estrada Acibeiro - Cachafeiro (Pontevedra)

Estrada Verín - Vilardevós. Enlace coa A-52 (Ourense)

Estrada A-52 - Salvaterra do Miño (Pontevedra)

Estrada A Lanzada - San Vicente do Mar (Pontevedra)

Autovía Meirama - A6 (A Coruña)

Autovía Carballo - Buño

Estrada Buño - Ponteceso

Estrada Ponteceso - Corme

Autovía Buño - Malpica

Estrada Sada - Bergondo

Convenios de obras en Ferrol, Ortigueira, Somozas, Carballo, con actuacións urbanísticas.

Conexión entre vg-4.3 Cambados – Vilagarcía e novo vial de acceso ao porto de Vilagarcía

Adecuación do ramal de incorporación para conectar v.r-4.3 Cambados - Vilagarcía co novo acceso ao porto de Vilagarcía

Acondicionamento da estrada PO-250. Tramo: Fornelos - Forzáns

Novo vial sgv2 e sgv5 en Lalín

Nova ponte sobre o río Alvedosa en Redondela

Acondicionamento da estrada PO-201. Tramo: Silleda - Laro.

 

Axencia Galega de Infraestruturas:

Enxeñeiro superior en funcións facultativas da dirección xeral da Axencia Galega de Infraestruturas.

Inspector de obras do SPI.

Representante da intervención xeral para o servizo de inspección e recepción de obras da subdirección xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Director de obras:

-Reforzo de firme da vr.-4.3 entre o p.k 0+000 e o 1+000

-Obras diversas do plan MOVE 2010, 2011, 2012 e 2013.

-2013 - ata a actualidade: Deputación da Coruña. Gabinete estratéxico. Xefe de servizo de apoio técnico aos municipios.

 Outros datos de interese

1992–2014: Profesor asociado da Universidade da Coruña, na escola técnica superior de enxeñeiros de camiños, canles e portos. Departamento de métodos matemáticos e de representación.