É membro fundador do Grupo Teatro Circulo de Perlío (1974)
Realizou cursos de formación teatral (Iniciación, expresión, voz, mimo e produción) impartidos por Manuel Lourenzo, polo grupo francés ‘Les Tafurs’, Juan Mandli, Alfredo Mantovany, ‘Elvio Sciarreta’ e outros importantes persoeiros do mundo teatral. Impartiu diversos cursos ó longo de toda Galicia, entre os que destacan: ‘Máscaras, xigantes e cabezóns’, cursos de iniciación ó teatro e de plástica parateatral). Foi técnico de xestión en artes escénicas e musicais en distintas actividades e mostras relacionadas co teatro por toda Galicia. Ocupou o cargo de vicepresidente do Ateneo Ferrolán e estivo vinculado á programación teatral e artes plásticas durante 4 anos, foi experto en teatro da Xunta de Galicia (Programación de espectáculos en concellos) e xefe de produción do Centro Dramático Galego (Produción e distribución de teatro, 34 obras durante 13 anos). Está en posesión do ‘Certificado en Teatro, Vídeo e Artes Plásticas’ da Escola de Estiu de Animació Sociocultural Interacció-84 (Barcelona) e foi colaborador no 1º Congreso Galego de Animación sociocultural (Santiago). Tamén colaborou na ‘Escola de Imaxe e Son de Galicia’ ( A Coruña), no xornal Educación en Galicia, na revista ‘Cuadernos de Pedagogía’, na ‘Revista Galega de Teatro’, no ‘1º Congreso do Humor’, Museo Carlos Maside (Sada), na Xove Orquestra de Galicia e en ‘Encontros de humoristas gráficos de Galicia e Portugal’ (Salvaterra do Miño).
Traballou nas seguintes obras teatrais: ‘Circo de tiza caucasián’, ‘Un lóstrego na noite’ ‘A Mosca’ (Mimo), ‘O Retrato’ (Mimo), ‘O Paxaro (Mimo)’, ‘O robot (Mimo). ‘D. Xoán. Unha Voz’, ‘Il maestro di capella’ (narrador)’, ‘O segredo da illa Troneira’ (director), ‘O Coronel’ (escenógrafo), ‘Historia do soldado (escenógrafo e vestiario), ‘O Marisacal’, ‘Os aprendices de bruxo’, ‘Os outros feirantes’, ‘Publicidad expres’, ‘O bufón del Rei’ (asistente de dirección), ‘Marcado polo tipex’ (versión galega), ‘O colaborador’ (escenógrafo), ‘O colaborador’ (escenógrafo), ‘Ensalada de mosquito’ (escenógrafo) e ‘Ricardo III’ (escenógrafo).
Libros de Artistas
‘San Andreses’ Book’, Galería Metronom (Barcelona), con Alberte Permuy, ‘Salvemos Venecia’, Galeria La Roggia, Venecia (Italia) e ‘Libros de Artista’, Instituto de Integración Cultural, Medellín (Colombia).
-1983: Debuxos e Mail-art
.Expo-Eume 83, Torreón dos Andrade (Pontedeume).
.VII Bienal de Arte (Mail-art), Deputación de Pontevedra (Pontevedra).
-1984: Pintura Banda deseñada e Mail-Art
. Arte-fene, Concello de Fene.
. Gruidart Fenicio, Pub Druida (Fene).
. Máscaras, Pub Druida, Fene e A.C. Olmo (Pontedeume).
.’Chorradas’, Ateneo Ferrolán (Ferrol).
. Mail-Art, Atlantis Köln (Alemaña).
. Born to survive, Aerogramme Mail-Art Project, Museo Het Toreke, Tienen (Bélxica).
-1985. Banda Deseñada
Museo do Humor, colectiva para fondos do Museo (Fene).
-2002. Banda Deseñada
.Unha retrospectiva, Teatro Principal (A Estrada).
. 1º premio, Banda Deseñada en Internet , Consello da Cultura Galega e revista Bd Banda.
-2003. Humor cru
Museo do Humor, (Fene), Cómic Casa da Cultura (O Barco de Valdeorras), O,f (Oti, francisco) e Café Bar Marfil (A Coruña).
-2004. Cómics e debuxos
Ateneo Ferrolán (Ferrol)
Como deseñador gráfico ten realizado carteis, catálogos, folletos para os Concellos de Fene, Ferrol, Ares, Narón, Neda, Valdoviño e O Barco e para entidades como a Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Cultura), Ateneo Ferrolán, Centro Dramático Galego, El Correo Gallego, Federación de Cineclubes de Galicia, Mostra de Teatro Infantil Galego, Xeración Nós, etc…
Colaborou con diferentes publicacións como ‘Teima’, ‘Can sen dono’, ‘As Roladas’, ‘Guía Turística da Comarca Eumesa’ (CIT), ‘Revista galega de cómic BD Banda’ e outros.
Foi galardoado co Premio ‘Tarasca’ da Asociación de Directores de Escena (1993), foi nominado ó Premio María Casares 2003 á mellor escenografía por ‘O colaborador’ e participou na 1ª Exposición de Cómic de Ferrol, A.C. ‘Roi Xordo’ (Ferrol) con Xaquín Marín e Alberte Permuy.