Alfonso Álvarez Riveiro, é licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid. É director de El Progreso desde 2019. Antes foi subdirector dese mesmo xornal (2000-2006) e durante sete anos dirixiu o gratuíto 'LV. De Luns a Venres'. En 2013 asumiu a dirección da Axencia Galega de Noticias (AGN) e en 2014 a da plataforma dixital do Grupo El Progreso. Foi tamén tertuliano radiofónico (Radio Galega e Radio Nacional de España) e de televisión (TVG, El Correo TV, Popular TV).
É autor do libro de relatos curtos 'Parábolas' e publicou tamén 'Fole e o xornalismo', no que comenta unha escolma de artigos do escritor lugués. Unha reportaxe súa sobre Nova Iorque figura tamén no libro 'Xoves xornalistas. Crónica aberta', no que se reflicten traballos dalgúns dos máis destacados periodistas galegos da súa xeración.
Conta con varias distincións, coma os premios Moncho Pío e Cogave, entre outros.
'LV. De Luns a Venres', o xornal que dirixiu, ten recibido con el á fronte diversos galardóns, entre eles o Premio Setecarballas da Insua dos Poetas (Ourense) e o Premio Galeguidade no Mundo (Madrid).