
CurrículumLicenciado en Ciencias Biolóxicas e Premio Extraordinario de Licenciatura pola Universidade de Santiago (1973), doutorouse en Bioloxía e conseguiu o Premio Extraordinario de Doutoramento en 1977. Actualmente é Catedrático Numerario de Ecoloxía da Facultade de Bioloxía, con dedicación exclusiva, e Director de Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Imparte docencia nas titulacións da Facultade de Bioloxía e en Graduado Superior en Enxeñería Ambiental (Escola Politécnica Superior).
Obras realizadasEscribiu os seguintes libros e monografías: Bioclimatología de Galicia (1983) Ed. Fundación P. Barrié de la Maza, A Coruña, La alelopatía y su papel en las comunidades vegetales. Revisión crítica, metodológica y bibliográfica (1992). Serie Cadernos de Revisión - USC, Estado de conservación del litoral de Galicia. Metales pesados y nutrientes en sedimentos y organismos de la franja intermareal, 1997, Ed. Conselleria de Pesca-USC, Atmospheric heavy metal deposition in Europe 95-96, Ed. Nordic Council of Ministers, Bancos de Especimenes Ambientales. Una propuesta para Galicia, Ed. CITA, Conselleria de Medio Ambiente, Xunta de Galicia - USC (2000).
Centra a súa actividade investigadora nas seguintes liñas de traballo: Alelopatía, Bioclimatoloxía e Ecotoxicoloxía. Nestes temas ten publicado máis dun cento de artigos científicos en revistas de prestixio internacional, entre os que destacan: "Release of allelochemical agents from litter, througfall and topsoil in plantations of Eucaliptus globulus Labill in Spain" (1991) J.Chem. Ecology; "Defining phytoclimatic units in Galicia (Spain) by means of multivariate methods" (1991) J. of Vegetation Sc.; "Stress responses and metal exchange kinetics following transplant of the aquatic moss Fontinalis antipyretica Hedw", (1994) Freshwater Biology; “Influence of watershed lithology on heavy metal levels in estuarine sediments and organisms in Galicia (North west Spain)", 1996 Marine Pollution Bull; "D665/D665a versus frecuencies as indicator of bryophytes responses to physicochemical gradients", (1997) Ecology; “Regional-scale monitoring of coastal contamination. Nutrients and heavy metals in estuarine sediments and organisms on the coast of Galicia”, en The Control of marine Pollution: Current status and future trends. (1999) J. Env.& Pollution; “Uptake of heavy metals to the extracellular and intracellular compartments in three species of aquatic bryophyte”, (1999) Ecotoxicology and Environmental Safety; "Differences in the responses of native and trasplanted mosses to atmospheric pollution. The importance of Selenium”, (2000) Env. Pollution; “Biomonitoring of sporadic acidification of rivers on the basis of release of preloaded Cd from the aquatic bryophyte Fontinalis antipyretica” (2001) Env.Pollution; “Sampling optimization at the sampling-site scale for monitoring atmospheric deposition using moss chemistry”.(2002) Atmospheric Env; “Seasonal variation and background levels of heavy metals in two green seaweeds” (2002) Env. Pollution; “Annual variability in heavy-metal bioconcentration in moss: sampling protocol optimization” (2003) Atmospheric Env; “Functional grouping of woody plants based on similarity of responses to selected climatic variables” (2004) Applied Ecology; “Considerations in the design of a monitoring program of the biological effects of the Prestige oil spill” (2003) Marine Sc; “Study on the use of mosses as biomonitors to evaluate the environment impact of PCDDs/PCDFs from combustion processes-Preliminary results” (2003) Organohalogen Compounds e “Moss bioconcentración of trace elements around a FeSi smelter: modeling and cellular distribution” (2004) Atmospheric Env.
Ademais, dirixiu doce teses de doutoramento e medio cento de teses de licenciatura e proxectos de fin de carreira, participou en máis dun cento de proxectos competitivos e convenios de investigación como investigador principal e participou en cursos e seminarios, destacando a dirección de seminarios e masters en temas sobre Recursos Naturais, Avaliación de Impacto ambiental e Tecnoloxía do Medio Ambiente.
Outros datos de intereseÉ investigador principal do Grupo de Ecotoxicología da Universidade de Santiago de Compostela, responsable do Banco de Especimens Ambientais de Galicia, revisor de publicacións nacionais e internacionais, evaluador de Proxectos CICYT (Plan I+D Nacional) e FONCYT (I+D, Arxentina) e relator de “Medio Ambiente” do Proxecto Galicia 2010. Ademais, foi Secretario da Facultade de Bioloxía e formou parte da xunta de goberno da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ó Claustro e diferentes comisións académicas. Actualmente, é director do Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía.