Alejandro de Diego Gómez


Data de Nacemento: En 1961
Lugar de Nacemento: Madrid
 Currículum

Licenciado en Dereito, en decembro de 1981 tomou posesión como Secretario do Concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña) e posteriormente, en agosto de 1982, do destino definitivo no Concello de Avión (Ourense)

En 1987, e durante 5 anos, foi Presidente do Colexio Provincial de Ourense de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local, sendo un dos promotores da creación da Federación Galega de Colexios, ocupado o seu primeiro posto de Secretario.

En 1987 participou activamente na creación da Mancomunidade Intermunicipal do Ribeiro (unha das primeiras en constituírse en Galicia e que acabou sendo referente doutras moitas), sendo o relator dos seus Estatutos, así como ocupando o cargo de Vicesecretario e Secretario da mesma.

Na actualidade está propoñendo unha reforma en profundidade da administración local, apostando decididamente pola fusión non traumática de concellos, para o que conta cun blog. Tamén publicou diversos artigos de opinión ao respecto.