Agustina Carolina Otero Iglesias


Pseudónimo:La Bella Otero
Categoría: Artista
Data de Nacemento: 19 de decembro de 1868 (†14 abril de 1965)
Lugar de Nacemento: Valga-Pontevedra
 Currículum

Cando tiña 14 anos marchou do seu pobo. Primeiro serviu de criada en Santiago e logo marchou a París, onde se fai famosa pola súa beleza e pola súa facilidade para bailar e cantar. Despois realizou varias xiras por Europa e América, chegando a actuar en Rusia. A I Guerra Mundial pon fin á súa carreira artística, retirándose en Niza, aínda que a súa proximidade ós casinos vaina conducindo á ruína. Ó morrer deixou tódolos seus bens, moi escasos, ó seu pobo natal.