Agustín María Acevedo Rodríguez


Categoría: Médico
Data de Nacemento: En 1806 (†En 1874)
Lugar de Nacemento: Ribadeo (Lugo)
 Currículum

Foi director médico do Balneario de Arteixo (A Coruña) e o Balneario de Caldas de Besaya (Santander). Ademais, foi catedrático de Historia Natural na Universidade de Oviedo.

 Obras realizadas

Agustín Acevedo publicou Boletín de Medicina y Cirugía e unha obra novelesca titulada Una temporada en el más bello de los planetas. Ademais colaborou na revista “El Siglo Médico”, na que publicou varios estudios sobre o sistema nervioso.