Xosé Manuel González Reboredo


Categoría: Antropólogo
Data de Nacemento: 12 de outubro de 1946
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Letras (Historia) pola Universidade de Santiago (1968), coa cualificación de Premio Extraordinario. Doutor pola mesma Universidade (1974). Profesor de Ciclos Superiores de Técnicos en Información Turística. Membro do Padroado e responsable da Sección de Tecnoloxía Agraria do Museo do Pobo Galego. Membro da Sección de Antropoloxía cultural do Consello da Cultura Galega. Director da Sección de Etnografía do Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento" (CSIC). Membro do Consello Editorial do "Proxecto Galicia" e coordinador dos volumes de Antropoloxía Cultural. (Hércules de Edicións, A Coruña). Membro do Consello Asesor ou de redacción das revistas Anuario de Historia de la Antropología (Barcelona), Antropológicas (Porto-Portugal), Cuadernos de Estudios Gallegos e Guía dos Libros Novos (Santiago). Fixo traballos etnográficos de campo en Galicia e León.

 Obras realizadas

Entre os libros publicados, algúns en colaboración, podemos destacar: Lendas Galegas de Tradición Oral (1984), Entroido en Galicia (1987), A festa de San Xoán (1989), Antropología y Etnografía de las proximidades de la Sierra de los Ancares (1990), Sociedade e tecnoloxía tradicionais do val de Ancares (1996), La invención del Estado-nación (2001)... Foi coordinador de seis simposios organizados polo Consello da Cultura Galega, responsable da seción de Antropoloxía do "Congreso da Cultura Galega" (1990), e presidente do III Congreso de Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Aplicada. (Pontevedra, 1996). Ten numerosos artigos e relatorios publicados en Galicia, España e outros países.

 Outros datos de interese

Membro da Comisión Técnica de Etnografía (Consellería de Cultura, Xunta de Galicia). Membro da Comisión de Valoración de Bens de Interese Cultural (Xunta de Galicia). Vicepresidente do Club Nacionalista "Alén Nós" (Santiago). Membro da Directiva da Real Sociedade Económica de Amigos do País (Santiago). Membro da Comisión de Cultura da Excma. Deputación Provincial de Lugo.