Afonso Vázquez-Monxardín


Data de Nacemento: En 1960
Lugar de Nacemento: Ourense
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Xeografía e Historia, nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía, Xeografía e Historia de Galicia e Arquivística e Biblioteconomía. Foi o arqueólogo de numerosas escavacións en Galicia, Portugal e Italia e 1983 pasou, como tantos outros da súa xeración, á docencia de lingua e literatura galega. É catedrático de ensino medio desde 1996. Foi profesor visitante da súa materia en centros galegos e universidades de América (Centro Galego, Centro Galicia e Universidade de Belgrano, en Bos Aires; Universidade Federal da Bahía, en Brasil; e Lar Gallego en Santiago de Chile). Foi o impulsor do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no seo do Consello da Cultura Galega e estivo durante trece anos no equipo directivo do IES As Lagoas de Ourense.

 Obras realizadas

É autor de varios artigos e monografías sobre escritores galegos. Ten participado, xunto co seu amigo Marcos Valcárcel, na montaxe de varias exposicións e elaboración de materiais didácticos de autores aos que lles foi dedicado o Día das Letras Galegas. Coordinou a fotobiografía de Xoaquín Lorenzo en Edicións Xerais e un monográfico para Ir Indo. Desde hai anos mantén dúas colaboracións semanais en La Región.