Afonso Eiré López


Pseudónimo:Pucheiro
Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 15 de febreiro de 1955
Lugar de Nacemento: Laxe, Chantada (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudiou no Seminario de Lugo. Ós 14 anos comezou a colaborar en El Progreso, mentres estudiaba no Instituto de Chantada. Ós 16 anos dirixía a revista xuvenil "O Cabeceiro". Despois estudia xornalismo na Facultade de Ciencias da Información de Madrid. Colabora en varios medios de carácter estatal. En 1977 pasa a traballar en A Nosa Terra e en 1981 empeza unha nova etapa, sendo director desde 1983, cargo que ocupa na actualidade.

 Obras realizadas

Publicou as seguintes obras: O fútbol na sociedade galega (A Nosa Terra); Xornalistas ante a Lei (Varios autores) (Edicións Lea); Unha Semana de Información en Europa (Varios autores) (Editorial Reading); Amigos Sempre (Espiral Maior); Eu tamén fun coas vacas (Espiral Maior).

 Outros datos de interese

Recibiu varios e importantes galardóns literarios (poesía, narrativa e ensaio) e xornalísticos desde que ós 15 anos consegue o "Premio de Narracións" da Caixa Provincial de Lugo. Son de destacar dous "Premios Galicia de Comunicación" e o "Xulio Camba". Practicante de diversos deportes e teórico sociodeportivo, foi o redactor dos primeiros relatorios deportivos do nacionalismo, así como dos seus primeiros programas deportivos.