Licenciouse como economista en 1969 pola Universidade de Bos Aires. Foi director de Estudios Galegos (Universidade de Belgrano) dende 1989 e profesor de Cultura Galega (Universidade de Morón) dende 2001. Foi presidente da área de Cultura do Centro Galicia de Bos Aires e membro do Instituto Argentino de Cultura Galega. Foi Profesor de Cultura Galega no Centro Galego de Avellaneda (o máis antigo de Arxentina) e no Centro Galego de La Plata (Prov. de Bos Aires)
Deu conferencias de temática galega nas Universidades de Bos Aires, Mar del Plata, Palermo e Tandil (Arxentina), Trier (Alemaña), Santiago de Compostela, Universidade de Portugal e na Universidade da República en Uruguai (Uruguai).
Realizou seminarios, mesas redondas, vídeos, etc...
Colaborou no programa de Radio El Mundo "Recorriendo España", no programa de Radio del Pueblo "Así canta Galicia", na Radio Galega e en TVE-Galicia.
Participou no programa "Galeguidade" como correspondente da Televisión Galega (1995-2000).
PUBLICACIÓNS:
-Historia del Centro Gallego para Jóvenes (1988)
-Galicia América, proyecto de futuro (1992)
-Recorrido por la Galicia desconocida.
Recibiu premios de fotografía (1989 e 1993) do "Foto Club Buenos Aires" e da Xunta de Galicia, e de vídeo (1995) da Xunta de Galicia.
Posuía 180.000 diapositivas sobre Galicia, gran cantidade de libros, vídeos e música de temática galega.
Director e presentador do programa de radio "Diario de Viaje" FM 97.9 Radio Cultura en Bos Aires (Arxentina), onde entrevistou a personalidades da cultura, política, investigación, escritores, poetas e personalidades do cine e televisión.
Foi asesor turístico de empresas sobre España e Portugal, especialista en Galicia.
Acompañou a delegacións de Presidentes da colectividade galega en Arxentina á primeira Embaixada Cultural a Galicia en 1985 e acompañou a mozos da Federación de Sociedades Españolas a Galicia e Asturias en 2003 e a Galicia e Navarra en 2004. Tamén acompañou como guía á primeira excursión de mozos profesionais a Galicia e Madrid en 1986 e 1987. Acompañou tamén a grupos de viaxeiros en percorridos por España e Portugal.