Carlos Méndez Vázquez


Categoría: Crego e escritor
Data de Nacemento: 11 de febreiro de 1931 († 20 de setembro de 2023)
Lugar de Nacemento: Pedraza, Monterroso (Lugo)
 Currículum

Foi párroco de Monterroso dende o 1 de xaneiro de 1961.

Diplomado en Ciencias Relixiosas.

 Obras realizadas

É autor dos libros:

'Castros de Monterroso', Ed. Alvarellos, Lugo, 1983.

'Castros de Antas de Ulla', Delegación de Cultura, Lugo, 1993.

'Sopeixos' (escolma póstuma de poesías do vate-crego, Teolindo Cortiña Toural, Deputación de Lugo, 1993).

'Centenario de la Iglesia Parroquial de Monterroso (1910-2010)', en 2010. 

'Monterroso, Miscelánea Histórica', en 2018.

Foi colaborador na Gran Enciclopedia Galega en 1974.

Tamén prestou colaboracións no xornal El Progreso e noutras publicacións.

 Outros datos de interese

Fundador do Museo Parroquial de Monterroso en 1991 que el mesmo dirixiu.

Foi cofundador e membro da Coral "Ecos do Ulla" de Monterroso.