Mestre de ensino primario desde 1973 (Colexio Apóstol Santiago de Vigo), foi coordinador de actividades extraescolares do centro (1982-1997 e 2002-2004). É promotor e director de actividades de tempo libre e de educación ambiental (campamentos, colonias, aulas de natureza, campos de traballo, ...) e promotor e coordinador de equipos de traballo e de campañas sobre educación e de animación á lectura. Foi director comercial da Editorial Galaxia (1999-2001). É coordinador do Seminario Permanente de Animación á Lectura (SPAL) da Fundación Carlos Casares.