Xosefa Casalderrey Fraga


Pseudónimo:Fina Casalderrey
Categoría: Escritora e mestra
Data de Nacemento: 11 de agosto de 1951
Lugar de Nacemento: Xeve (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Realizou os estudios de Maxisterio e, desde os 19 anos, exerce a profesión de mestra (na actualidade en Secundaria). Foi daquela cando empezou a escribir e dirixir varias pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas na publicación Recursos teatrais para a expresión dramática na escola, publicada en Edicións Xerais. Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica. Dirixindo ós seus alumnos participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra...

En 2013 foi nomeada membro da Real Academia Galega.

 Obras realizadas

Co seu home, Mariano García, descubriu parte dos segredos da cultura de Galicia publicando O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia, todos eles en Edicións Xerais. Colabora en prensa e en revistas especializadas tales como "CLIJ", "Eidos do Libro", "Cedofeita", "Fadamorgana", "Centro Galego Nós"..., así como en diversos eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas...), dando conferencias relacionadas coa LIX, a Gastronomía... No ano 1991 deuse a coñecer coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. A maioría da súa obra está traducida ás distintas linguas do Estado, así como ó portugués e ó brasileiro. En literatura infantil e xuvenil tan publicada a seguinte obra: Mutacións Xenéticas (Vía Láctea, 1991, Edicións Xerais, 1998); Dúas bágoas por Máquina (Edicións Xerais, 1992); A noite dos coroides (Vía Láctea, 1993); Chamizo (Edicións Xerais, 1994); ¡Asústate, Merche! (Edicións Xerais, 1994); O misterio dos fillos da Lúa (Edicións SM, 1995); O estanque dos parrulos pobres (Edebé, 1996); ¡Prohibido casar, papá! (Editorial Galaxia, 1996); ¿Sobrevives? (Edicións Xerais, 1996); ¡Puag, que noxo! (Editores Asociados: Galaxia, 1997); Podesvir (Sotelo Blanco Edicións, 1997); Unha raíña negra (Edebé, 1998); Nolo e os ladróns de leña (Edicións SM, 1998); Ás de mosca para Anxo (Editorial Anaya, 1998); Pimpín e dona Gata (Edicións SM, 1999); O misterio do cemiterio vello (Edicións SM, 1999); A filla das ondas (Concello de Pontevedra, 1999); Bicos de prata (Ir Indo, 2000); e Unha pantasma branca (Editorial Everest, 2000). Outras obras que publicou son: A rosquilleira, Cando a Terra perdeu a memoria, Canción de Berce, Cita nos xardíns do sur, Derradeira carta ós Reis Magos, Cuca e o abrigo marrón, Chavo de laranxa, Refachos de Néboa...

 Outros datos de interese

Entre os distintos premios que recibiu destacan: Premio Merlín de Literatura Infantil (1991), Premio O Barco de Vapor (1994), Premio EDEBÉ de Literatura Infantil (1995), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1996), Premio Cidade de Pontevedra (1996) pola súa traxectoria literaria, 3º Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico... Entre as distincións honoríficas destacan: Insignia de ouro do concello de Moraña, pola súa traxectoria literaria (1996); Inclusión na selección dos "The White Ravens 1998" da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich; Inclusión na selección "Los mejores de la década" de CLIJ (1999); Homenaxe Letras Galegas, polo conxunto da súa obra, da Asociación Monte Blanco de Ponteceso (A Coruña)(1999) e Insignia de prata e ouro da Asociación Cultural Santa Cecilia de Marín (Pontevedra) pola totalidade da súa obra (1999).