Profesor de Arte Dramática formado no Teatro de Cámara de Madrid, The London Centre for Theatre Studies, The Voice and Speech Centre e o Stella Adler Conservatory of Acting de Nova York.
Creador do Departamento de Dirección de Actores na Escola Galega de Cine.
Impartiu cursos en Universidades, Escolas Superiores de Arte Dramática e Escolas de Teatro de Galicia, Andalucía, Castela-León, Castela a Mancha, A Rioja, Navarra…
A súa andaina teatral inclúe a dirección de obras de Chéjov, Strindberg, Shakespeare, Fassbinder, Darío Fo, Maeterlinck, Rohmer…
Nos seus inicios como actor, participou en obras teatrais, curtametraxes e series. Tamén prestou a súa voz a unha película de animación.
Durante anos colaborou en programas de radio do Grupo Voz Audiovisual.