Xosé Ramón e Fernández de Oxea


Pseudónimo:Ben-Cho-Shey
Categoría: Escritor e profesor
Data de Nacemento: 5 de abril de 1896 (†En 1988)
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Estudiou Maxisterio en Madrid e traballou como mestre en varias localidades galegas. En 1935, foi nomeado inspector de primeira ensinanza en Lugo, sendo posteriormente destinado a Cáceres e Toledo. Colaborou en importantes revistas con traballos de tipo arqueolóxico, etnográfico, histórico, pedagóxico e heráldico e en numerosos xornais galegos con centos de artigos. A súa defensa de Galicia e da lingua galega estivo presente ó longo de toda a súa vida, incluso en Madrid. Participou en numerosas iniciativas culturais e xunto con Ramón Cabanillas presidiu o Grupo Castelao de mozos universitarios en Madrid.

 Obras realizadas

Estas son algunhas das súas publicacións máis importantes: Andrómenas (1953), Berzas (1953), A ducia do frade (1966), Catón Galego (1969), Santa María de Moreiras (1969), Contos de fiadeiro (1973) e O meu Ourense (inédito). Durante a etapa na que viviu en Cáceres e Toledo, escribiu Costumbres cacereñas, Carnavales en Extremadura e Geografía popular toledana.

 Outros datos de interese

Comezou a utiliza-lo pseudónimo de ?Ben-Cho-Shey? en 1922 cando enviou uns artigos desde Melilla ó xornal La Zarpa de Ourense. Xa antes usara nalgunha ocasión o pseudónimo ?Xan Fandiño?. Foi membro de varias academias e institucións de España, Portugal, Brasil e Arxentina.