Pedro F. Rabanal Carbajo


Categoría: Profesor y escritor
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Tras cursar estudios secundarios, licenciouse en Dereito pola Universidade de Alcalá de Henares en 1990 e obtivo o doutoramento na mesma universidade en setembro de 1993, presentando a tese La Intervención de la Administración en la Negociación Colectiva, na que obtivo a cualificación de apto “cum laude”. Posteriormente, realizou un curso de posgrao sobre Práctica Xurídica da Facultade de Dereito e o Ilustre Colexio de Avogados de Alcalá de Henares. Desde o punto de vista laboral, traballa como profesor titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo desde xuño de 1999 e é decano da Facultade de Dereito de Ourense (Universidade de Vigo) desde o 1 de xuño de 2003. Foi, ademais, árbitro do Acordo Galego de Solución Extraxudicial de Conflictos Laborais (AGA), vicedecano da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo (26 de maio de 2000 - 31 de maio de 2003), maxistrado suplente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, investigador principal no Proxecto de investigación da Xunta de Galicia PGIDT99PXI38101A, 1999-2001, profesor titular interino da Universidade de Vigo (febreiro de 1997 - maio de 1999), profesor asociado a tempo completo (Profesor propio) da Facultade de Dereito de Universidade de Vigo (curso 1996-1997), avogado en exercicio, asociado de CUATRECASAS ABOGADOS de abril a agosto de 1995 e colaborador de CUATRECASAS ABOGADOS, de novembro de 1999 a febreiro de 2000. Tamén colaborou co Ministerio de Traballo e Seguridade Social, nos traballos de secretaría técnica da sección de Xurisprudencia sobre Traballo e Seguridade Social do Boletín do Ministerio e foi profesor asociado (Tipo 3), de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade de Alcalá de Henares (1996-1997).

 Obras realizadas

Publicou os seguintes libros: Negociación Colectiva y Administración, editado polo Centro de Estudios Xudiciais e a Universidade Complutense, 1994, Derecho del trabajo y Derecho de Seguridad Social (en coautoría con J. M. del Valle Villar), Instituto de Auditores-Censores Xurados de Contas de España, 2000, Los principios inspiradores del proceso laboral (en coautoría con M.A. Luelmo Millán), McGraw-Hill, 1999, Guía Práctica de Legislación Laboral, en coautoría con José Manuel del Valle e José Luis Gil (profesores titulares de Dereito do Traballo), A.C.A.R.L., 1995, Guía jurídica para altos cargos, (en coautoría con Pilar Cavero Mestre), Cinco días, 2000, Los contratos de trabajo formativos, Dykinson, Madrid, 2002 e El recurso de reposición y súplica (en coautoría con Jaime Cabeza Pereiro), Aranzadi, Navarra, 2003. Ademais, publicou un gran número de artigos en revistas como "Documentación Laboral" e "Actualidad Laboral" e colaborou como relator e conferenciante en numerosos cursos e xornadas, así como docente en varios másters e cursos de posgrao.

 Outros datos de interese

Fala francés e foi o creador e webmaster da páxina web da área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo (www.uvigo.es/webs/dtyss) e da páxina web da Facultade de Dereito de Ourense (www.uvigo.es/webs/dereito-ourense). De 1982 a 1994 estivo empregado por conta allea en RENFE a xornada completa.