É licenciado en Informática e Enxeñeiro de Sistemas pola Universidade de Deusto. Traballou nas seguintes empresas: Caixa de Aforros de Vizcaia, JELASA, Siderurxia de Galicia e Fujitsu ICL España S.A. como director xeral de marketing. Actualmente é director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia S.A. (CESGA)
Durante os 18 anos que permaneceu en Fujitsu, participou en múltiples proxectos e postos de traballo tales como: Director de Preventa, director de Grandes Proxectos, director de marketing. Actualmente no CESGA dirixe a actividade de soporte á comunidade científica galega e do CSIC no que ten que ver co Cálculo Intensivo e os TIC. O CESGA participa cos investigadores en máis de 30 proxectos.
Desde o CESGA presta asesoramento a institutcións públicas e privadas en temas de innovación TIC.