Xosé Luís Laredo Verdejo


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 1 de xaneiro de 1931
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Teoloxía pola Universidade de Comillas, exerceu primeiro a ensinanza en Vigo e logo no Colexio Santa María do Mar de A Coruña como profesor de Lingua e Literatura Galega.

 Obras realizadas

Ademais de colaborar en La Voz de Galicia e de publicar unha breve historia de Galicia baixo o título Os nosos devanceiros (1976), centrouse na publicación de libros descritivos da xeografía, historia e rutas turísticas galegas. Deste modo, ademais de numerosos folletos turísticos e guías, xurdirán os primeiros doce volúmenes da serie Galicia Enteira, publicados por Xerais, dentro da súa colección de peto Montes e Fontes, que gozaron de múltiples edicións desde 1980. Posteriormente, a partir de 1996, Galicia Enteira renovouse e actualizouse completamente, editándose tanto en galego como en castelán. Outras obras súas son: Guía de Galicia (do A ó Z) (1991); O camiño de Santiago por Galicia (1993); Paseando por Santiago (1993); Paseando por Lugo (1995), estes catro en colaboración con Efrén Vázquez; Galicia paso a paso (1995), en catro volúmenes dedicados ás catro provincias; Guía de Arzúa (1998); Rías Baixas y A Barbanza (1995) e dous volúmenes dirixidos ó público infantil: O trevo de catro follas (1991) e O rapto de Estefanía (1994), volúmenes nos que aparecen como constantes a invitación á lectura como pracer estético, insistindo sempre nos sentimentos de amizade, solidariedade, xenerosidade, responsabilidade e acreditando a liberdade do ser humano.

 Outros datos de interese

Foi premiado pola Asociación de Libreiros da Coruña en 1984.