Pilar Falcón Osorio


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 14 de outubro de 1962
Lugar de Nacemento: A Pastoriza (Lugo)
 Currículum

-Licenciada en Ciencias da Información e Diplomada en Marketing e Publicidade pola Universidade Autónoma de Barcelona. -Doutora en Ciencias da Información (Departamento de Dereito da Información) pola Universidade Complutense de Madrid con calificación "Cum Laude".

 Obras realizadas

Membro fundador de TVG (Televisión de Galicia) e ONDA MADRID (radio da Comunidade de Madrid).

Impartiu clases de “Historia del Periodismo” na Universidade Complutense de Madrid.

Dende 1989 ata xaneiro de 2013 pertenceu por oposición á plantilla de Radiotelevisión Madrid con responsabilidades en espazos informativos e culturais. Entre eles, dirixiu e presentou TOMA NOTA, programa emitido durante cinco tempadas, distinguido co premio dos Empresarios Teatrais de Madrid 2009.

Colaboradora asidua en espazos de radio e televisión: Radio Nacional, Tele 5, Faro de Vigo, El Progreso de Lugo…

Membro da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión e da Asociación de Xornalistas Europeos. Formou parte da directiva do Clube Internacional de Prensa.

Dende febreiro de 2012 preside o Clube de Xornalistas Galegos en Madrid. www.periodistasgallegos.com

En marzo fundou e dende entón dirixe ¨Club de la Tertulia¨. @clubdetertulia.com

(Encontro cun invitado relevante).

 

PUBLICACIÓNS:

¨El Imperio Rosa, Poder e Influencia de la Prensa del Corazón en España¨. Ed. CIMS. Barcelona.

¨Fraga y Galicia¨. Ed. Ronsel 2002. Con Prólogo de D. Mariano Rajoy.

¨Innovación en lo informativo y sus productos¨. Fundación Coca Cola-España.