Xosé Luis Fernando Allué Andrade


Pseudónimo: Fernando Andrade
Categoría: Forestal, científico, profesor e escritor
Data de Nacemento: 9 de setembro de 1931 († 1 de xaneiro de 2020)
Lugar de Nacemento: Monforte de Lemos (Lugo)

Opinión

Biblioteca Virtual GD
 Currículum

Profesión: Investigador e Profesor Forestal, xubilado Postos: Investigador Principal e ex secretario da Comisión Científica do Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, da Sociedade Española para o Estudo dos Pastos, da European Grassland Federation (Uppsala) e da Escola de Enxeñería Forestal (UPM), entre outros. Outras actividades: Escritor Afeccións: Música e Física, principalmente.

 Obras realizadas

Forestal: Repoboación de 8.000 ha. na Serra de Segura; 3 modelizacións fitoclimáticas preditivas; cartografía pioneira do cambio fitoclimático; estudo de 80 especies de enterese pascícola; difusión de todo iso en 170 publicacións tales coma os libros “Afforestation in arid zones” (con Metro, De Philippis, Kaplan, Oedekoven etc.), “Studies of biology and pacicolgy of the principal existing in the spontaneous pasture ground” (Project Hispano-Norteamericano E-25-FS-1), “Subregiones fitoclimáticas de España”, “Taxonomías Fitoclimáticas”, textos da Escola de Enxeñería Forestal (UPM) etc., así como comunicacións, artigos e prólogos varios. Colaborou na “Memoria de las Series de Vegetación de España” de S. Rivas Goday e en “Clasificación Biogeoclimática de España” de R. Elena Roselló. Impartiu clases de Pascicultura e Silvicultura a 35 promocións de enxeñeiros forestais. En 1999, o INIA publicoulle un Tomo Homenaxe subscrito por 58 científicos. A Escola Superior de Enxeñeiros de Montes e a de Enxeñeiros Forestais de Madrid dedicáronlle o 2 de marzo de 2002 o día Forestal Mundial. Recibiu da Asociación Forestal de Andalucía o seu Premio “Juan Ruiz de la Torre”, etc. Literaria: En VAMOS, revistiña nutriz da xeración dos 50, publica en 1953 “Un Tópico Viscoso”; en EL PROGRESO, en 1957, “El Caso Grandío”, “El sentido de la Imaginación en Fole” e “El pintor Xavier Pousa”; en GALAXIA, os libros “Paisaxe e Cultura” 1955 (con Cunqueiro; Bonet Correa, Otero Pedrayo, etc) e “Cartas a un Mozo Galego, de Ramón Piñeiro”, así como “Cinco Pezas para Cembalo” (poemas traducidos por Novoneyra), “Vintesete murais para Tino” (que Grandío nunca chegou a pintar), etc. En 2001, o CONSELLO DE CULTURA GALEGA encárgalle “A paisaxe natural galega”. En GALICIA DIXITAL -xa na súa casa natural e coma F. Andrade- colabora dende 1999 con máis de medio centenar de traballos. Musical: “Liturxias pro Nadal”, “Siete bagatelas”, “Cancións en tempo pasado”, “Nostalgia del Zafiro”(dedicada ó poeta Xulio Pérez de Gamarra), “Músicas do abó” e outras obras máis informais ou inconclusas.