FORMACIÓN PROFESIONAL: Licenciado en Filosofía pola Universidade de Valencia e Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Madrid.
TRAXECTORIA PROFESIONAL: Profesor de Psicoloxía na Universidade de Santiago. Logo pasou ao ensino medio, e impartiu clases en centros educativos de Cee, Ribeira e Boiro. Foi director do Instituto Praia Barraña, de Boiro, desde 1992 ata o 2003, data na que o deixou cando chegou á Alcaldía do Concello de Boiro.
TRAXECTORIA POLÍTICA: En 1986 afiliouse a Esquerda Galega, da que foi secretario comarcal, ata a integración deste partido no Bloque Nacionalista Galego (BNG), en 1995. Desde ese ano alternou os cargos de secretario e responsable de política municipal dentro da asemblea local do BNG boirense.
Foi secretario e presidente da asociación “Xoves Culturais” e da xa desaparecida asociación cultural “Cardume”.