Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, á que se vinculou posteriormente como docente, xa que entre 1967 e 1969 foi profesor axudante de clases prácticas na Cátedra de Economía e Facenda da Facultade de Dereito.
Xosé Antonio Orza viviu en Madrid, Zamora, Bilbao e A Coruña debido ó seu traballo como funcionario do Corpo Superior de Inspectores de Finanzas do Estado. A súa presencia en cargos públicos remóntase a 1982, cando accede ó cargo de director xeral de Tributos e Política Financeira na Consellería de Facenda. Hasta 2005 foi Conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia.