Estudiou Filosofía e Letras (sección Historia) na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como profesor de Historia no Liceo Francés, en Quito (Ecuador) e posteriormente foi decano da Facultade de Humanidades en Maracaibo (Venezuela).
Xoan Astorga posuía unha grande capacidade narrativa e sabedoría, pero non deixou constancia escrita. Del consérvase simplemente un diario redactado nunha expedición polas rías de Arousa e Marín, na que participou con Álvaro de las Casas e os seus alumnos.