Xesús Taboada Chivite


Categoría: Pedagogo e investigador
Data de Nacemento: En 1907
Lugar de Nacemento: Verín (Ourense)
 Currículum

Tras realizar os seus primeiros estudos na súa vila natal e en Ourense, trasládase a Madrid coa súa nai, viúva. Tras finalizar o bacharelato no Instituto Cardenal Cisneros, comeza os seus estudos na Escola Oficial de Telegrafía e posteriormente na Escola Superior de Comercio de Madrid. En 1930 é destinado ao Centro de Telégrafos de Ourense, etapa decisiva na súa vida na que contacta co galeguismo da Xeneración Nós (Vicente Risco, Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas). Ao finalizar a guerra civil española, comeza en Verín o seu labor de investigación e docencia, centrando o seu interese na historia e etnografía de Galicia. En 1951 obtén a licenciatura en Filosofía e Letras (Sección de Xeografía e Historia) na Universidade de Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

Como arqueólogo, considéraselle continuador da obra de Cuevillas. Os numerosos traballos publicados sobre este campo déronlle gran fama non só en Galicia senón tamén en Portugal, onde era estimado como membro de numerosas institucións científicas. No seu cargo da sección de arqueoloxía e prehistoria do Instituto de Estudos Galegos, ocupouse atentamente de salvagardar o patrimonio artístico e arqueolóxico de Galicia.
 
LIBROS:
-“Varones ilustres de la comarca verinense”, Imprenta Bolaños y Aguilar, Madrid (1946).
-“Monterrey”. Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, C.S.I.C. Anexo XIII, Madrid (1960).
-“Folklore de Verín. Las creencias y el saber popular”, La Región, Ourense (1961).
-“Los Castillos”. Cuadernos de Arte Gallego, nº 24, Ed. Castrelos, Vigo (1963).
-“Escuelta Celto-Romana”, Cuadernos de Arte Gallego, nº 30 (1965).
-“Guía de Monterrey”, Artes Gráficas Faro de Vigo, Vigo (2ª ed. 1972, 3ª ed. 1974, 4ª ed. 1977).
-“Etnografía Galega (Cultura espiritual)”, Ed. Galaxia, Vigo (1972).
 
ARTIGOS:
Foi autor dun gran número de artigos, entre os que mencionaremos:
-“El castro de Medeiros”, en Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, T. XV, Fasc. II (1945).
-“Monterrey. Resumen histórico y arqueológico”, Boletín del Museo Arqueológico de Orense, T. III (1946).
-“Los tres conventos de Monterrey”, en Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, T. XVII (1951).
-“A Alta Idade Median a região superior do Támega”, en Revista de Guimarães, T. LXVI (1956).
-“Excavaciones arqueológicas en el castro de Cabanca (campaña de 1961)” (en colaboración con Joaquín Lorenzo), en Noticiario Arqueológico Hispánico, T.VI (1962).
-“Las leyendas de la laguna de Antela”, en Cuadernos de Estudios Gallegos, T. XXIV, 72-73-74 (1969).
-“A reconquista e a súa consolidación na bisbarra de Baronceli”, en Cuadernos de Estudios Gallegos, T. XXVIII, 86 (1973).
-Ceremoniales ígnicos y folklore del fuego en Galicia, comunicación presentada al II Congreso de Artes y Costumbres Populares en Córdoba en maio de 1971 (1974).
-“A vida e a obra de Xesús Ferro Couselo”, en Boletín Auriense, T. V (1975).

 Outros datos de interese

MÉRITOS E DISTINCIÓNS:

-Comisario local de Escavacións Arqueolóxicas.

-Correspondente da Real Academia da Historia.

-Correspondente da Real Academia Galega.

-Correspondente da Asociación Española de Etnoloxía e Folclore.

-Correspondente da Associaçao dos Arqueologos Portugueses.

-Cronista Oficial da Vila de Verín.

-Delegado de Arte de Verín.

-Director da Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento".

-Director da Sección de Arqueoloxía do Boletín Auriense.

-Director da Sección de Etnografía na Gran Enciclopedia Galega.

-Director Honorario do Instituto Histórico e Xeográfico de Uruguaiana.

-Fillo Predilecto de Verín.

-Membro da comisión Provincial de Monumentos de Ourense e Tesoureiro de mesma.

-Membro correspondente da Real Academia Portuguesa da Historia (Un dos seus últimos nomeamentos e cargo do que xa non puid tomar posesión).

-Membro de Asociación Española para el Estudio de Cuaternario (Barcelona)

-Membro de la Societé Internacionale D'Ethnologie et de Folklore de París.

-Membro Numerario da Real Academia Galega.

-Numerario da Sociedade Española de Antropoloxía, Prehistoria e Etnografía.

-Patrón do Museo del Pueblo Español de Madrid.

-Vicepresidente do Padroado del Museo do Pobo Galego.

-Vogal de C.I.T.E. (Centro de Iniciativas Turísticas) de Ourense.

Co gallo do centenario do nacemento deste ilustre verinense, celebráronse en 2009 numerosos actos culturais, destacando o celebrado na súa vila natal entre os días 15 e 20 de setembro dese ano.