Felipe Criado naceu en Xixón en 1928 e faleceu na Coruña en 2013.
Ainda que non naceu en Galicia, pode considerarse a tódolos efectos un artista galego xa que desenvolveu nesta comunidade toda a súa actividade creativa. Chegou a Galicia cando contaba doce anos. Viviu en Galicia dende 1940, primeiro en Ourense e Santiago, e a partires de 1967 na Coruña. A Guerra Civil obligao a ser testigo dun acontecemento, o bombardeo de Santander pola aviación da Lexión Cóndor, que resultará unha experiencia traumática para o pintor. En 1945 inicia unha longa inactividade a causa dunha tuberculose. Coñece ó mestre Asorey, quen lle brinda a súa amizade, o seu estímulo e o seu taller, circunstancia decisiva para a súa posterior adicación á plástica e ós estudos de Anatomía Artística. En 1954 ingresa na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde recibe clases de profesores, como Joaquín Valverde, Lafuente Ferrari, Francisco Soria e Ramón Stolz, e onde ten como compañeiros a outros importantes pintores como Lucio Muñoz, Amalia Avia, Antonio López, María Moreno, Zarco, Alcorlo e Isabel Quintana.
Foi responsable dun estilo moi personal que, ainda que aberto a diferentes exploracións e con variacións constantes ó longo da súa vida, se identifica con facilidade en tódalas súas obras, sexan pictóricas, murais, cerámicas, gravados e, particularmente debuxo. O debuxo foi unha fortaleza especial do artista, que destaca como un dos grandes debuxantes da arte español do último tercio do século XX, e como tal, está presente en toda a súa obra. Realizou arredor de dous milleiros de obras pictóricas, ainda que o número delas que afloraron no seu catálogo razoado é, 1077. Autor de murais, gravados, debuxos e deseñador de pezas de cerámica, en colaboración con "O Castro", as súas obras figuran nos fondos dos máis importantes museos e coleccións de España, entre elas a Pinacoteca da Universidade de Santiago, Museo do Pobo Galego, Pinacoteca da Academia de Belas Artes, Salomon by Company de Londres, Centro de Arte Contemporáneo de Galicia, Museo Provincial de Lugo, Instituto Cervantes e Parlamento de Galicia. A súa obra pictórica foi recollida nun libro publicado pola Deputación de A Coruña: Antón Castro, José Luis Rodríguez e María Alonso Lescún (2014), Felipe Criado. Inicio de catálogo razonado, 1952-2012.
Era membro da Real Academia Galega de Belas Artes. Obtivo diversos galardóns, como a medalla de prata da Exposición Trienal de pintura, escultura e gravado de Santiago. Defensor acérrimo da inocencia e o vitalismo, Felipe Criado caracterizouse pola exploración profunda de tódalas gamas cromáticas, o tratamento vívido das cores e a súa combinación armoniosa, ainda que na súa paleta predominaron cores diferentes según a súa fase estilística. Despois duns primeiros anos centrados na pintura de paisaxes, centróuse fundamentalmente na figura humana, algo no que afloraba a súa experiencia como titular dunha cátedra de debuxo de orixinal temática e hoxe desaparecida: “Anatomía Artística e debuxo da figura humana en movemento”. "Quizáis por iso", dicía, "traballei moito a figura, pero tamén a paisaxe con figura e sobre todo a figura feminina. Pintei moito o desnudo, pero máis que preocupado pola beleza en sí mesma, estou preocupado polo mundo feminino. Neste aspecto a contemporaneidade veu a darme a razón, pois cando en España era casi un pecado facer un desnudo, eu xa os facía. Hoxe ninguén se escandaliza de nada e vive un erotismo intenso e sano". Algo parecido dicía da abstracción, habéndose revelado sempre contra a moda que, en beneficio da abstracción, censuraba toda a figuración como academicista e tradicional. Na súa pintura figurativa segue reaparecendo a paisaxe e incluso toques de abstracción, do mesmo xeito que nos seus primeiros anos de pintor da paisaxe estaba xa presente unha figuración rotunda e moi plástica.
Na súa obra predomina sobremaneira a cor ocre, "dende que vin na miña primeira visita ó Museo do Prado o cadro 'La sagrada familia de Rafael', que ten o manto de San Xosé nuns ocres dourados asombrosos". Era un apaixoado das obras do Greco, Zuloaga e Benjamín Palencia, pintores que tiveron unha orixinal influencia na súa obra. Definía o seu estilo como "produto da emoción personal" e cría que "pintura e poesía están íntimamente ligadas. O crítico ideal da pintura é o poeta, que non ten coñecementos técnicos, pero tampouco os teñen moitos críticos". De feito Felipe Criado legou numerosos escritos en colaboracións de prensa, discursos e semblanzas, amosando un estilo moi poético que ten nas palabras concomitancias claras co seu estilo artístico.