Federico García Expósito


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 20 de xuño de 1889 (†30 de abril de 1983)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Foi redactor co-fundador de "El Ideal Gallego", onde traballou como xornalista durante máis de 20 anos, en cuxas páxinas escribiu sobre temas agropecuarios, forestais, humanitarios e culturais.
Colaborou como xornalista en "El Correo Gallego", de Ferrol (1912) e en "La Voz de Galicia", "Radio Nacional de España" na Coruña e o diario "Madrid" da capital de España.

 Obras realizadas

En febreiro de 1918 pasa a formar parte da Comisión de Recepción e Orde da Asociación de Prensa da Coruña; número 70 de socio da entidade Asociación de Prensa da Coruña, en 1922 e vogal da Xunta Directiva da Asociación de Prensa da Coruña (1927-1936).

Foi presidente da Asociación de Amigos das Árbores; por iso foi coñecido co pseudónimo de 'O amigo das árbores' e secretario técnico da Asociación dos Exploradores de España; os "boy scouts españois".

Tenor dos Coros: "Cantigas da Terra", "El Eco" e "Airiños da Terra"; Medalla de Prata da Asociación de Cantigas da Terra.

Ocupou diferentes cargos nas Xuntas Directivas da Agrupación Musical Albéniz de 1944 -1956.

Placa de Ouro da Cruz Vermella Española e Medalla (Botón) de Platino da Cruz Vermella Española; prestou servizos na Cruz Vermella Española durante as campañas de África de 1919 e 1921.

Mestre Nacional condecorado coa Cruz de Alfonso XII, Cabaleiro da Orde Civil de Alfonso XII, concedida en 1927; Mestre Nacional, tamén concedida en 1946, a Orde Civil de Alfonso X El Sabio.

Presidente da Asociación de Inquilinos da Coruña, (1931-1932), na que ingresou en 1922.

Administrador do Hospital Militar da Coruña, durante a Guerra Civil (1936 - 1939).

Mestre que impartiu clases gratuítas aos Mutilados de Guerra (Escola de Mutilados de Guerra).

Secretario da Asemblea Provincial da Cruz Vermella Española na Coruña.

 Outros datos de interese

Medalla de Prata da Provincia da Coruña, en 1972 (ten un monólito no Pazo de Mariñán a personaxes ilustres na Historia da Coruña); Medalla ao Mérito de Ouro do Excmo. Concello da Coruña, concedida en 1968.

 

Fillo adoptivo da Vila de Ares (provincia da Coruña), en 1926; Medalla de Ouro do Concello de Ares (provincia da Coruña); Medalla de Prata do Concello de Mugardos (provincia da Coruña); Medalla de Salvamento de Náufragos da Coruña, Medalla de Bronce do Padroado de Caridade da Coruña, polos servizos prestados durante a pandemia gripal de 1918, Medalla de Cabaleiro da Orde de Mehdauía: Oficial honorífico da Melhalla (Policía Indíxena do Protectorado español en Marrocos); Diploma de Mérito da Inspección de Repoboacións Forestais; Cruz do Mérito Militar; Cabaleiro da Coruña; Cruz de Beneficencia; Medalla da Campaña; Medalla de Ouro do Monumento a Rosalía de Castro; Medallas de Prata de varios concellos polo seu labor e dedicación en pro da Natureza e da Ensinanza.

http://federicogarciaexposito.blogspot.com/