Felipe Arias Vilas


Categoría: Arqueólogo, historiador e escritor
Data de Nacemento: En 1949
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Letras (sección Xeografía e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1971, obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura coa Tese sobre as Murallas romanas de Lugo, publicada en 1972.

Foi Profesor de Historia e Arqueoloxía así como Bolseiro de investigación na Universidade de Santiago entre 1971 e 1974.

Funcionario do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos desde 1974, foi Director-Conservador do Museo Provincial de Lugo entre 1976 e 1984, e desde 1983 ata 2014 (data da xubilación) foi Director do Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), así como dos traballos arqueolóxicos neste xacemento castrexo e galaico-romano.

Entre 2005 e 2009 foi Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Desde 2016 é profesor-investigador ad honorem da USC na Facultade de Humanidades de Lugo.

É membro patrón fundador do Museo do Pobo Galego, promotor do Consello Galego de Museos e forma parte de diversas comisións técnicas relacionadas co Patrimonio Histórico e Cultural, así como doutras entidades de carácter académico, científico e cultural.

 Obras realizadas

Autor (só ou con outros) de máis de duascentas setenta publicacións e colaboracións en forma de libros, artigos, folletos, e traballos varios, en especial sobre temas de Arqueoloxía galega e lucense, Epigrafía e Numismática romanas, Museos, Patrimonio Cultural, etc..., destacando os estudos sobre as murallas, as termas, as inscricións e outros aspectos do Lugo romano, guías arqueolóxicas e de museos coma o de Lugo, San Paio de Narla e Castro de Viladonga, colaboracións en catálogos de exposicións e na Gran Enciclopedia Galega, informes e memorias de escavación, unha síntese sobre a Romanización de Galicia, un Diccionario de termos de arqueoloxía e prehistoria galegas, varios traballos sobre os Museos galegos, etc...

Autor de diversos proxectos relacionados co Patrimonio Cultural (Murallas e Termas de Lugo, Sta. Eulalia de Bóveda, inventarios, etc...), e coa instalación e montaxe de museos (Lugo, San Paio de Narla, Castro de Viladonga e outros) e colaboración en varias exposición temporais.

 Outros datos de interese

Asistiu a máis de cen congresos, coloquios, cursos e seminarios de tema histórico, patrimonial e de xestión, celebrados en Galicia, España e Portugal. Participou en máis de trinta campañas de escavación e prospección arqueolóxica en varios xacementos galegos. Interveu en máis de trescentas conferencias, charlas e mesas redondas sobre temas de Arqueoloxía, Historia, Patrimonio Cultural e Museos, etc...