Vicente Turnes del Río Maldonado


Categoría: Escritor e doutor en Dereito
Data de Nacemento: 16 de setembro de 1786 (†13 de xaneiro de 1865)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Doutorouse en Dereito na Universidade de Santiago, onde exerceu de profesor. A pesares de quedar cego con vintesete anos, seguiu levando a cabo unha intensa actividade como escritor. Colaborou no xornal El Eco de Galicia, no que publicou numerosos artigos e publicou un estudio sobre Foros y subforos de Galicia no xornal madrileño La Esperanza. Tamén foi o redactor das publicacións “Diálogos en la Alameda de Santiago” e “Tertulia de Picaños”.

 Obras realizadas

Entre a súa extensa producción poética destacan títulos como Diego e Cristobo; Diálogo entre Silvestre Cajarabille e Domingo Magariños, labradores e veciños nas suas respeutivas parroquias; Uno de tantos; Tristes recuerdos del señor don Vicente Turnes...; A inauguración do Liceo artístico e literario da Cruña; Composición poética dedicada a Galicia en su propio dialecto, etc.

 Outros datos de interese

Despois da morte de Vicente Turnes, as súas poesías foron publicadas no folleto Composiciones poéticas (1875).