Vicente Abad Torregrosa


Categoría: Tipográfico
Data de Nacemento: En 1835 (†En abril de 1897)
Lugar de Nacemento: Alcoi (Alicante)
 Currículum

Instalouse na Coruña en 1857, onde viviu ata a súa morte. Abriu unha librería e posteriormente unha imprenta, na que traballou como tipógrafo imprimindo folletos e programas de entidades culturais e artísticas de Galicia. Fundou e dirixiu El Telegrama, un dos primeiros xornais coruñeses. Foi perseguido polas súas ideas republicanas e, tras ser detido en 1867, foi confinado no castelo de San Antón. Un ano máis tarde, foi liberado tralo derrocamento de Isabel II.