Segundo Leonardo Pérez López


Categoría: Profesor, crego e escritor
Data de Nacemento: 8 de decembro de 1948
Lugar de Nacemento: Buriz, Guitiriz (Lugo)
Teléfono: 981586277
Fax: 981589916
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Sacerdote da diocese de Mondoñedo-Ferrol (Arcebispado de Santiago de Compostela), foi ordenado presbítero o 27 de xuño de 1973 na súa diocese de orixe, onde está incardinado. É director do Centro Agregado Teolóxico de Santiago de Compostela, dependente da Universidade Pontificia de Salamanca.

 

Estudos realizados:

Bacharel no Instituto Masculino de Lugo, Filosofía no Seminario Diocesano de Mondoñedo e na Universidade Pontificia de Salamanca (Licenciatura en Filosofía en 1979), Licenciatura en Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca en 1973. Doutor en Teoloxía na mesma Universidade en 1983. Ampliou estudos en Roma como bolseiro do Centro Español de Estudios Eclesiásticos, anexo á Igrexa de Montserrat, realizando cursos en varias facultades romanas e como investigador no Arquivo Secreto Vaticano (1982-1985). Tamén foi bolseiro do Instituto Francisco Suárez do Consello Superior de Investigacións Científicas de Madrid (1979-1983).

 

Cargos desempeñados:

Académicos:

Profesor de ensinanza media no Ferrol de 1975 a 1978.

Profesor de Filosofía e Teología no Instituto Teolóxico “Gaudium et Spes” da Universidade Pontificia de Salamanca (1980-1984), profesor axudante de Teoloxía na Facultade de Teoloxía da Pontificia Universidade de Salamanca (1980-1984).

Profesor numerario de Teoloxía Dogmática no Instituto Teolóxico Compostelán desde 1984-1999.

Profesor encargado de Cátedra do Centro Agregado Compostelán da UPSA desde 1999 ata 2006.

En 2006 é nomeado Catedrático de Antropoloxía Teolóxica no mesmo centro.

Profesor do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas, desde 1999 ata a actualidade.

Profesor do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas “San Agustín” na sede do Ferrol.

Profesor da Escola Diocesana de Teoloxía para laicos de Mondoñedo-Ferrol.

Profesor do Centro de Formación Teolóxica de Segrares de Santiago de Compostela, A Coruña e Pontevedra.

Profesor no Instituto Mariolóxico de Covadonga. Director do Instituto Teolóxico Compostelán desde 1999 ata a data.

Director do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas desde 1999 ata 2003.

Entre os anos 1977 e 1979 foi membro da mesa de redacción das publicacións “Encrucillada” e “Boa Nova”, cuxa colaboración cesou ó incorporarse ás tarefas formativas encomendadas pola Conferencia Episcopal no Colexio Maior da Universidade Pontificia de Salamanca.

Fundador e director da revista Estudios Mindonienses desde 1985 ata a data. Director da revista Rudesindus.

Miscelánea de arte y cultura e membro do consello de redacción das revistas “Lumieira” e “Cuadernos de Estudios Gallegos” do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Membro do Instituto de Estudos Viveirenses, membro da Asociación Galega de Historiadores (A Coruña), pertence a varias institucións de tipo cultural radicadas en Galicia.

Dirixiu varias memorias de licenciatura en estudios eclesiásticos e en Teoloxía Fundamental.

Participou como membro en varios tribunais de teses doutorais na Universidade Pontificia de Salamanca.

Impartiu conferencias teolóxicas en diversos lugares de España, Francia, Cuba e Portugal.

 Obras realizadas

Publicacións:

Libros:

Segundo L. Pérez López, La Iglesia de Galicia en los Sínodos Pretridentinos (1215-1563). Estudio histórico-teológico, Universidade Pontificia de Salamanca, Salamanca, 1985. Segundo L. Pérez López (ed.), Gabriel Vázquez Seijas: memoria de vida, Ferrol, 2001, 429 pp. Segundo L. Pérez López (Coord.) El Monasterio de la Concepción de Viveiro, Salamanca 2001, 311 pp. S. L. Pérez López – F. Cantelar Rodríguez, Sínodos mindonienses dos séculos XVI e XVII, Santiago de Compostela 2001, 398 pp. S. L. Pérez López, (ed.) Ser cristiano en el siglo XXI. Reflexiones sobre el cristianismo que viene, Salamanca 2001, 400 p. S. Pérez López (ed.), Pilar Silva: cristiana para el siglo XXI, Salamanca, 2002. Segundo L, Pérez López (coord.), Testigos de la Fe en la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol, Colectánea Pastoral 4, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2003. Id., La Iglesia en la Galicia bajomedieval (1215-1563), Collectánea Scientifica Compostellana 14, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2003. 620 pp. Id., Religiosidad popular y Peregrinación Jacobea (Caminar con Santiago y Santa María), Colectánea Pastoral 7, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2004. Id., El amor que salva, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2005. Id. (coord.), Cuarenta años de postconcilio. Retos pastorales, Colectánea Pastoral 9, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2005. S. Pérez López – J. Mª. Santana (eds.), Mientras nos hablaba en el camino, Collectánea Scientifica Compostellana 19, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2005. S. Pérez López, San Rosendo e Mondoñedo. Razóns para un Centenario (907-2007), Salamanca 2006. S. Pérez López, Facendo Memoria de San Rosendo, Salamanca 2007. S. Pérez López (Coord.) Plenitudo Veritatis. Homenaxe a Mons. Romero Pose, Santiago de Compostela 2008. S. Pérez López, "O Buriz, Anacos da Memoria". Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2008. S. Pérez López, "A escola habanera dos Vilares (Guitiriz)". Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2008.

 

Artigos e notas:

S. Pérez López, “Sínodos diocesanos”, en Gran Enciclopedia Gallega, Vol. 28, Santiago de Compostela, 1974, 178-180. Id., “O Synodicon Hispanum. Unha obra pro coñecemento de Galicia”, en Encrucillada 26.1 (1982), 56-59. Id., “Synodicon Hispanum 2”, en Encrucillada, 33.3 (1983) 71-74. Id., “Synodicum Hispanum. Glosa a una nueva colección documental”, en Anuario Jurídico Escurialense 15 (1983) 381-389. Id., “Las primeras Relationes ad limina de la Diócesis de Orense (1591 y 1599)”, en Miscelánea Auriense (en honor de Mons. D. Ángel Temiño Saiz, bispo de Ourense), Deputación Provincial de Ourense, 1984, 29-50. Id., “Religiosidad popular y superstición en el Sínodo Mindoniense de Fray Antonio de Guevara (1541) y su contexto histórico”, en Estudios Mindonienses 1 (1985) 269-284. Id., “La enseñanza de la doctrina cristiana en los Sínodos de Galicia”, en Revista Española de Derecho Canónico (1973) 39 pp. Id., “Las primeras de la Diócesis de Mondoñedo”, en Estudios Mindonienses 1 (1985), 83-103. Id., “Unha presencia cristiá na sociedade galega: Dez anos de Encrucillada”, en Encrucillada 50.6 (1986) 21-32. Id., “Boa Nova, obradoiro de materiais para a evanxelización”, en Lumieira, 3 (1986) 451-454. Id., “El sacramento de la Penitencia en las constituciones sinodales de Galicia (1215-1563) y su contexto histórico”, en Estudios Mindonienses 2 (1986) 83-119. Id., “Las visitas pastorales como fuente histórica. Aportación a su estudio en la diócesis de Mondoñedo” en Estudios Mindonienses 3 (1987) 133-165. Id., “La diócesis de Mondoñedo en el siglo XVII vista por sus obispos”, en Estudios Mindonienses 4 (1988) 453-478. Id., “La dinámica cristiana de la fe en la Creación – Salvación”, en Lumieira, 7 (1988) 11-21. Id., “Os Seglares e os ministerios eclesiais”, en Lumieira, 13 (1990) 57-69. Id., “Perdón e existencia cristiá”, en Lumieira 20 (1992) 179-193. Id., “Nota bibliográfica sobre el sacramento de la penitencia”, en Lumieira 20 (1992) 333-336. Id., “O camiño de Santiago e Mondoñedo. Datos sobre a atención a peregrinos na cidade mindoniense, en Amencer, 110 (1993) 75-80. Id., “A formación permanente do clero no ámbito da cultura actual”, en Estudios Mindonienses 10 (1994) 671-692. Id., “A visión de Deus como único fin do home”, en Estudios Mindonienses 11 (1995) 13-28. Id., “Vida e ministerio dos sacerdotes. Os relixiosos en Galicia. Pastoral vocacional”, en O Concilio Pastoral de Galicia. Lumieira (1996) 195-212. Id., “Unha tese sobre o Cardeal Quiroga”, en Estudios Mindonienses, 13 (1997) 729-727. Id., “Sacramentos de curación”, en Estudios Mindonienses 13 (1997) 475-490. Id., “La diócesis de Mondoñedo en el siglo XVIII vista por sus obispos”, en El legado cultural de la Iglesia mindoniense, Actas do I Congreso do Patrimonio da Diocese de Mondoñedo, Ferrol, 1999, 13-78. Id., “Penitencia y unción de los enfermos”, en Nuevo Diccionario de Catequética 2, San Pablo, Madrid, 1999, 1804-1817. Id., “A fe no misterio trinitario de Deus”, en Memoria 8 (2001) 11-30. Id., “Una aproximación a la especificidad de la ética cristiana”, en Compostellanum, 39 (2004) 147-178. Id., “El Ethos cristiano”, en Theologica, 39.1 (2004) 29-53. Id., “Religiosidad popular y peregrinación jacobea”, en Estudios Mindonienses 20 (2004) 271-394. Id., “La Eucaristía: fuente y cumbre de la vida cristiana. Aspectos a tener en cuenta para el Año de la Eucaristía”, en Boletín Oficial do Bispado de Mondoñedo-Ferrol. Suplemento 1, 2005. Id., “Nuevas aportaciones a los Estudios Jacobeos”, en Estudios Mindonienses 21 (2005), 923-929. Id., “Eucaristía e Iglesia, Misterio de Comunión, en Mientras nos hablaba en el Camino, o. c., 2005, pp. 13-104. Id., “Estudios Jacobeos: algunas publicaciones recientes”, en Compostellanum, 50/1-4, 2005, pp. 767-773. Id., “Discurso de acogida en los actos conmemorativos del vigésimo aniversario de Estudios Mindonienses”, en Estudios Mindonienses 21 (2005) 27-32. Id., “La transmisión de la fe: la propuesta cristiana en la era secular”, en VI Xornadas de Teoloxía, Santiago de Compostela, 2006. Id., “San Rosendo de Celanova”, en Pastoralia, 21, 2006, pp. 29-34. Id., “La Inmaculada Concepción de María en el Concilio de Basilea”, en Miscelánea en honor del Prof. Julio Ramos Guerreira, Salamanca 2006. Id., “San Rosendo de Celanova”, en Pastoralia, 21, 2006, pp. 29-34. Id., “La fe en diálogo con las diversas manifestaciones culturales”, en VII Xornadas de Teoloxía, Santiago de Compostela 2007, pp. 17-70. Id., “San Rosendo e o seu impacto en Galicia”, en Encrucillada, 151, 2007, pp. 58-68. Id., “San Rosendo e Mondoñedo”, en Rudesindus. A terra e o Templo, Santiago de Compostela 2007, pp. 80-99. Id., “San Rosendo, obispo de Mondoñedo e Iria, reformador del monacato y pacificador de Galicia”, en Estudios Nalgures, 3. 2007, pp. Id., “Ser e quefacer da antropoloxía teolóxica”, en Homenaxe a Ángel Álvarez, Universidade de Santiago de Compostela, 2007. Id., “San Rosendo: moje y reformador del monacato”, en Estudios Mindonienses, 23, 2007, 201-227. Id., “La dicha de ser persona”, en Plenitudo Veritatis. Homenaxe a Mons. Romero Pose, Santiago de Compostela 2008, pp. 355-376. 4.3. Otras publicaciones: S. Pérez López, “Introducción” a M. de Castro-Ángeles de la Cruz, El Monasterio de Santa Clara de Ribadeo, Ribadeo, 1988, 7-13. Id., “Introdución” a J. García Oro-M. Romaní, Viveiro en el siglo XVI. Estudio histórico y Colección documental, Publicacións do Concello de Viveiro, 1990, 7-11. Id., “Introdución” a C. Rodríguez Núñez, El monasterio de Valdeflores de Viveiro, Ferrol, 1994, 7-10. Id., “Introdución” a G. Vázquez Seijas, El compromiso secular: vocación del laicado cristiano, Edicep, Valencia, 2000, 7-16. Id., “Introdución” a S. Pérez (coord.), El Monasterio de la Concepción, Publicacións de Estudios Mindonienses, Viveiro, 2001, 13-18. Id., “Estudio introdutorio” a Sínodos Mindonienses dos séculos XVI-XVII, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2001, 13-75. Id., “Introdución” a Mª X. García, Instrumentos de descrición do Arquivo municipal de Ferrol: o inventario de Montero Aróstegui (1850), Publicacións de Estudios Mindonienses, Ferrol, 2003, 7-10. Id., “Introdución” a J. M. Fernández, Memorias de Marcos, el Evangelista I, Colectánea Pastoral 3, Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2003, 11-19. Id. “Introdución” a E. Cal Pardo, Episcopologio Mindoniense, Publicacións de Estudios Mindonienses, Mondoñedo - Ferrol, 2003, 11-17. Id., “Introdución” a M. Mejuto, Jesús Antonio Regueira Leal: testigo de la fe en la Iglesia ferrolana, Publicacións de Estudios Mindonienses, Ferrol, 2004, 7-9. Id., “Prólogo” a C. de J. García Otero, Por las sendas de la luz, Santiago de Compostela 2004, pp. 7-10. Id., “Introdución” a M. Mejuto, Madre Purísima de Jesús (María del Carmen Pereiro Calvo), Colectánea Pastoral 8, Publicacións do Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2005, 13-21. Id., “Introdución” a C. Gómez Iglesias, La madurez psicológica de los candidatos al sacerdocio, Colectánea Pastoral 10, Publicacións do Instituto Teolóxico Compostelán, Santiago de Compostela, 2005, 7-15. Id., “Introdución” a E. Bianchi, Aos presbíteros, Sígueme, Salamanca, 2005. Id., “Introdución” a F. Villares Mouteira, A parroquia de San Martiño de Belesar: pasado e futuro, Publicacións do Instituto Teolóxico Compostelán, 5, Santiago de Compostela, 2005, 9-13. Id., “Introdución” a J. Fernández Lago, Os Nosos Santos, Santiago de Compostela, 2006. Id., “Presentación” a J. Filgueiras Fernández, Moral cristiana para una sociedad secularizada, Santiago de Compostela, 2006. Id., “Presentación” de la obra Compostellana Sacra, Santiago de Compostela 2006. Id., “Prólogo” a J. M. Fernández Rodríguez, Creer, a pesar del dolor, Salamanca 2006. Id., “Prólogo” a J. R. Hernández Figueiredo, San Rosendo, Obispo de Mondoñedo, fundador de Celanova y pacificador de la Gallaecia”, Madrid 2007. Id., “Prólogo” a la obra de M. Carriedo Tejedo, Sanctus Rudesindus, Santiago de Compostela 2007. Id., “Prólogo” a VVAA., Facendo Memoria de San Rosendo, Mondoñedo-Ferrol 2007. Id., “Presentación” a Margarita Sáchez Yañez, “El Santuario y cofradía de Nuestra Señora de las Angustias de Ferrol, Salamanca 2007. Diversos artigos nas seguintes revistas: Revista Española de Derecho Canónico, Ioseph, Estudios Mindonienses, Lumieira, Compostellanum, Theologica, Pastoralia, Amencer, Boa Nova, Dumio, Pastoralia, La Lámpara del Santuario, El Pan de los Pobres, Boletín Oficial del Obispado de Mondoñedo, Rudesindus... que se achegan a un cento.

 Outros datos de interese

Presidente da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosende.

Membro do Consello de Redación de la Revista "Corintios XIII" de Cáritas Española.

O 5 de xaneiro de 2013 foi elixido Deán da Catedral de Santiago de Compostela.