Cursa o Bacharelato no Colexio Marista da súa cidade. Comeza estudos de Dereito na correspondente Facultade da Universidade de Santiago, concluíndoos na UNED de Ourense. É diplomado como graduado social pola Escola Social de Santiago de Compostela. Durante máis de vinte anos dedícase ó mundo da empresa, dirixindo nese tempo a súa propia no sector das tecnoloxías ofimática e informática. A partires dos anos dous mil exerce a avogacía en Ourense. Articulista nos xornais “La Región” e “La Voz de Galicia”, así como asiduo colaborador en coloquios en Telemiño, na Cadena Cope e Radio Voz. É autor dunha recompilación privada das actividades do Rexemento de Zamora nº8 con asentamento en Ourense. No mes de maio de 2009, publícase o seu traballo “Galicia en anaquiños de papel”, un percorrido pola nosa terra a través dos selos e coa colaboración de case un cento de galegos sobranceiros.