Nacido no seo dunha familia de republicanos, foi educado no federalismo e o libre pensamento. Estudiou Dereito en Compostela y doutorouse en Madrid. Desde mozo afecciónase á oratoria de masas intervindo en concentracións de campesiños, obreiros e burgueses. En 1914 dirixe o diario Tierra Gallega e colabora na famosa revista España. Cando o 14 de abril de 1931 se proclama en España a República, Casares é nomeado Ministro da Mariña. Azaña noméao tamén Ministro da Gobernación en 1932.En 1936 foi nomeado presidente do Goberno e Ministro de Guerra. Ó estalla-la guerra exiliouse a Francia.
Santiago Casares realizou un intenso labor periodístico que aínda non figura recollido.