Salvador Fernández de la Cigoña Fraga


Categoría: Empresario e escritor
Data de Nacemento: En 1969
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Foi xerente en Galicia da multinacional danesa de servizos ISS Facilty ServicesS, S.A. que dá emprego na nosa comunidade a máis de 500 persoas.

Actualmente é empresario no sector da Consultoría de Servizos Externalizados.

 Obras realizadas

 

Como escritor publicou os seguintes libros:

“Historia da Comarca do Val Miñor” (1995)

“O Val Miñor na Tarxeta Postal, catalogación de postal e fotografía antiga” (1999)

“Cruceiros de Val Miñor y Santa María de Oia” (2004)

“Vigo y los Tiempos Vividos al Trasluz de la Postal Antigua” (2006)

“Crónicas y Estampas de Baiona la Real” (2008)

"Vigo días en Blanco y Negro" (2011)

"Vigo setenta años para crear una ciudad" (2013)

"Bayona memoria de un tiempo" (2014).

 

Colaborador habitual das revistas da Deputación Provincial de Pontevedra “Pontenova” e “Pontevedra”.

Publicou infinidade de artigos de opinión, cultura e historia de Galicia na prensa galega (La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Atlántico Diario).

É relevante a súa innovadora aportación ao estudo da orixe dos cruceiros galegos, tese que foi recollida no boletín do Instituto de Estudos Vigueses do ano 2009 e as actas do primeiro congreso sobre cruceiros galegos, celebrado ese mesmo ano no Mosteiro de Poio. As actas do XXII Congreso Nacional de Arqueoloxía, celebrado en Vigo en 1993, recollen a súa comunicación “Un guerrero galaico en la parroquia de Borreiros (Gondomar), el segundo hallado en la provincia de Pontevedra”, peza por el localizada.

 Outros datos de interese

Cartófilo (coleccionista de postais antigas) conseguiu reunir unha das mellores coleccións de postais antigas de Galicia, especialmente de Vigo e o sur da provincia de Pontevedra.