Salvador Etcheverría Brañas


Data de Nacemento: En 1894
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Licenciado en Dereito, no primeiro período da II República foi Gobernador Civil de León. Na Guerra Civil é detido na Coruña, pero un influinte amigo xesuíta da familia consegue un permiso de excarceración, nese momento Salvador Etcheverría aproveita para saír por Portugal con destino a Cuba. A partir de aí comeza a súa historia.
Pertenceu ó corpo diplomático en Santo Domingo, foi cónsul xeral de Veracruz (México), embaixador en Guatemala e embaixador da República en México. En 1955 trasládase a París como Ministro de Información Propaganda e Arquivos que naquel momento preside Gordón Ordáx.

 Outros datos de interese

A raíz dun extenso traballo bibliográfico e coa colaboración dos diferentes Gobernos onde residiu comezou a confeccionarse un banco de datos privado onde poder consultar a biografía completa da familia Etcheverría que se remonta ó Ducado de Aquitania en Francia.
A orixe da familia Etcheverría (A Coruña) está en D. Juan Etcheverry (de nacionalidade francesa, que se estableceu en Betanzos, onde fundou o Banco Etcheverría e unha fábrica de curtidos de peles, que chegou a ser unha das máis importantes de Galicia), xa que o primitivo apelido Etcheverry transformouse en Etcheverría para darlle a ortografía española, a través de xeracións.