É xornalista e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela (UCJC) e a Universidade de Santiago (USC) respectivamente.
Realizou os Cursos de Doutorado no programa de Educación, Diploma de Estudios Avanzados (DEA) en Educación e Creatividade: Aplicacións Tecnolóxicas, Sociais e Psicopedagóxicas na UCJC.
Ten traballado como xornalista no xornal El Progreso de Lugo e na axencia Europa Press. Foi guionista en Netex e subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo. Na actualidade exerce como profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española.
É autora dos poemarios Anxos de Pedra (Scio, 2001) e Esencia de Trementina (Scio, 2008). Escribe contos e teatro para nen@s e colabora como tradutora de galego coa ONG Amnistía Internacional.
Prepara a súa tese no departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da USC en torno ó tema da Educación da Muller dende a época republicana á franquista.