Rogelio Conde-Pumpido Tourón


Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

É doutor en Ciencias Químicas e era o director da Oficina de Investigación e Tecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e, como tal, adxunto ao vicerreitor de Investigación responsabilizándose da xestión técnica e administrativa da actividade de I+D e transferencia de tecnoloxía na universidade compostelá. Como especialista en xestión da Innovación e relacións Universidade-Empresa foi coordinador da Rede de Oficinas de Transferencia de Tecnoloxía das Universidades españolas (Red OTRI) e membro do consello de dirección da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), participando en diferentes relatorios sobre política científica e tecnoloxía tanto a nivel autonómico como estatal.

 Obras realizadas

Ten sido profesor en conferenciante en numerosos cursos e másters relacionados coa xestión da Investigación, a Innovación e a Transferencia de tecnoloxía. Así mesmo, é codirector do máster de Análise e Xestión da Innovación Tecnolóxica organizado pola USC durante os cursos 1994-2000. Como investigador, é especialista en materiais cerámicos, e, como tal, ostenta o cargo de Secretario do Instituto de Cerámica de Galicia (entidade mixta, creada pola USC e a Asociación Galega de Industrias Cerámicas). Neste ámbito é autor de publicacións de carácter científico-técnico e cotitular de varias patentes. Participou como investigador en numerosos proxectos e contratos de I+D, tanto no eido dos materiais como sobre Xestión de Innovación, desenvolvidos no marco autonómico, nacional e europeo.

 Outros datos de interese

Foi nomeado director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia. Está casado e ten dúas fillas.