É funcionario da Xunta de Galicia desde o ano 2002, administración na que exerce diversos postos nas Consellerías de Educación e Ordenación Universitaria, Medio Rural, e Presidencia, Xustiza e Administracións Públicas. Sente paixón polas grandes civilizacións, en especial pola romana e a celta, galaica ou castrexa, raíces da súa Galicia natal. Coa súa primeira novela, “Las hijas del César”, é seleccionado entre os dez aspirantes finais do Premio Planeta de Novela 2006 (55ª edición). “As fillas do César”, publicada por Edicións El Andén en maio de 2008 en varios idiomas, consegue en tan só un mes a 2ª edición, xuño 2008; en decembro acada xa a 5ª edición, máis unha en galego, publicada simultaneamente e á venda o mesmo día, 17 de maio, “Día das letras galegas”, sendo o primeiro escritor español que publica en dous idiomas nacionais o mesmo día.
Logra o recoñecemento de lectores, libreiros e medios de comunicación ao situarse en días en lugares de privilexio nas listas de vendas. En numerosos lugares do territorio nacional consegue incluso desbancar a Carlos Ruiz Zafón como novelista máis vendido. "Con esta novela, Pablo Núñez regalounos unha intensa viaxe pola Galicia dos césares cos ingredientes da mellor novela de aventuras", Marta Rivera de la Cruz (Finalista do Premio Planeta de Novela con “En Tiempo de Prodigios”). “Pablo Núñez vai ser un gran escritor de novelas históricas”, Juan Gómez-Jurado (Gañador do Premio Torrevieja 2008 con “El emblema del Traidor”).
Tras máis de seis anos de documentación e escritura, Pablo Núñez amosa na súa primeira novela unha sorprendente capacidade de recreación histórica que une con grande mestría intriga, paixón e aventuras. Lucus Augusti é ao tempo escenario e protagonista deste relato, no que o autor a dota de vida nunha particular homenaxe á súa cidade. En 2010 ve a luz a súa segunda novela "Ladrones de Historia" con dúas edición. Ambos libros pódense adquirir en formato dixital en Amazon.
Colaborador habitual en medios de comunicación galegos, actualmente La Voz de Galicia e Cadena SER. Participou en numerosas publicacións e obras colectivas, entre elas: “Mato sono Io” (Fundación Manuel María 2009), “El Juli, natural(mente)” – (Imagineediciones 2010) de Cristina Padín Barca, “Se lo dije a la noche. Poemario traducido a todas las lenguas ibéricas” (Edicións Beta 2011) coordinado por Juan Carlos García Hoyuelos.
PREMIOS
2010. Gaña o Premio Begonte de Xornalismo co seu artigo “Begonte, belén infinito” publicado en El Progreso e Galicia Dixital.
2011. Accésit no Premio de Poesía Concello de Paradela co seu poema “Sagrado é”.
2012. 2º Premio no XXXVII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal coa obra “Natureza galega, berce chairego”, nas súas primeiras incursións como poeta.
Algúns titulares de medios de comunicación:
-“Del autor que se ha revelado como sorpresa literaria, arrasando con una grandísima novela de aventuras” Al sur de la semana. COPE.
-“La novela que acertó en la diana a la primera con sendos números uno en las Ferias y librerías de Galicia”. CADENA SER. -Romanos, celtas y mucha aventura en “Las hijas del César”. EFE.
-“Un importante zarpazo editorial”, El Correo Gallego.
-“Las hijas del César, récord de ventas”. Woman.
-“Las hijas del César arrasa en las librerías". Xornal.
-“Las hijas del César se impuso como libro más vendido, liderando la Feria del Libro". El Progreso.
-“La obra más vendida en la Feria del Libro de Lugo”. La Voz de Galicia.
Máis información na web oficial do autor: www.pablonunezgonzalez.com