Dirixe o bufete "Martínez Barros Abogados" con sede en Vigo e cun equipo de 16 persoas e unha sección especializada en urbanismo ("Urbagalex") que conduce José Luis Narbón (ex-director xeral de Urbanismo). O despacho "Martínez Barros Abogados" é membro da asociación de avogados "Union International des Avocats (UIT)".
Escribiu máis de 400 artigos, que foron publicados en tódolos xornais de Galicia e en publicacións dirixidas á emigración galega, sendo premiados algúns deles. Tamén impartiu conferencias e cursos de distintos temas xurídicos como "La emigración después de la emigración" e "La quinta provincia gallega". Dirixiu durante máis de 10 anos o programa de radio "Con la Ley en la Mano", emitido por "Radio Noroeste" e posteriormente por "Radio Voz". Dirixiu a asesoría xurídica do "Real Club Celta de Vigo, S.A.D." durante 6 anos, transformando o club nunha sociedade anónima deportiva e ocupou o cargo de vicepresidente. O seu traballo Galicia entre la agricultura y la emigración (1º premio xornalístico da Semana Verde de Galicia, 1984) conten claves e aporta solucións ó problema da emigración galega. Publicou diversos traballos sobre "Montes Veciñais en Man Común".
Está comprometido cos temas de protección dos valores e da riqueza cultural de Galicia, ocupando a vicepresidencia da Asociación de Amigos do Mosteiro de Samos. Realizou unha gran labor na defensa do río Miño, na súa calidade de asesor e fundador da Asociación de Pescadores do río Miño. É o avogado de Greenpeace en Galicia, intervindo como defensor en tódalas actuacións xudiciais nas que se encausou a esta organización desde 1985.