Ó igual que o resto dos seus irmáns, Camilo, Indalecio e Mª Dolores, Ramiro Díaz Baliño amosou as súas habilidades artísticas grabando paisaxes e figuras humanas en madeira, que reflicten unha gran perfección, naturalidade e harmonía. As siluetas das paisaxes están plasmadas cunha gran beleza e sinxeleza.
Ramiro Díaz Baliño expuxo varias das súas obras en diferentes partes de Galicia. Ademais, foi invitado polo presidente de Venezuela para expoñe-la súa obra en Sudamérica.